Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 18 de Novembro de 2017
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. NOVOS RETOS NA IGUALDADE.

V CAMPUS DIEGO RIVAS 2016

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES 2015 - 2019
01 Xaneiro 2015

Saúda do Alcalde

As administracións locais, como institucións públicas máis próximas aos cidadáns, teñen o deber de promover políticas orientadas a superar a discriminación de xénero e garantir a igualdade efectiva entre mulleres e homes.

Esta tarefa vense desenvolvendo no municipio, de maneira activa dende o ano 2007, cunha Concellaría da Muller encargada de levar a cabo políticas de igualdade para lograr a equiparación real entre as mulleres e os homes. Esta área conta co Centro de Información ás Mulleres (CIM), un servizo de apoio e asesoramento centrado en proporcionar e difundir, no ámbito local, programas e medidas destinadas ao empoderamento da muller. Ademais, a elaboración do I Plan de Igualdade do Concello de Ares, supuxo un punto de partida fundamental no deseño e implementación de medidas específicas para que o principio de igualdade se integrase en toda a xestión pública municipal.

Tras varios anos desenvolvendo accións neste ámbito, sen dúbida contamos cunha base sólida para avanzar no camiño da igualdade real e na consecución dunha sociedade máis democrática e xusta, mais debemos seguir traballando e para iso é preciso realizar unha análise que nos permita detectar novas situacións que requiren de actuación.

Así, tras a avaliación do II Plan, xorde a necesidade de planificar novos instrumentos adaptados á realidade actual do

Concello, polo cal nace o segundo Plan Municipal, co que se pretende continuar na preservación dun contexto favorecedor de novos logros.

O III Plan de Igualdade do Concello de Ares recolle novos obxectivos para a incorporación das políticas de igualdade no conxunto das actuacións municipais e artella mecanismos de participación e sensibilización cidadá, co fin de superar as barreiras de xénero e corrixir situacións discriminatorias a través de medidas concretas en materia de emprego, educación, saúde, conciliación ou violencia de xénero. Trátase de insistir na incorporación da perspectiva de xénero no conxunto das accións emprendidas polo Concello e de fortalecer os mecanismos de participación no impulso da igualdade.

Porque malia os avances das últimas décadas queda moito camiño por percorrer e cómpre seguir avanzando entre tod@s, para rachar cos comportamentos que manteñen a discriminación da muller, facendo que desaparezan a través da educación e das políticas de igualdade, para conseguir unha sociedade máis xusta onde o concepto de cidadanía goce dunha efectividade plena.

Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde do Concello de Ares

O terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (III PIOM) nace coa vontade de continuar no camiño da equidade real e efectiva entre mulleres e homes no Concello de Ares

¿EN QUE CONSISTE UN PIOM?

Un Plan de Igualdade busca acadar determinados obxectivos xerais durante o seu período de vixencia a través do establecemento de medidas e áreas de actuación, deseñadas para reducir as desigualdades de xénero existentes.

Un PlOM é, polo tanto, un marco normativo a prol da igualdade, unha folla de ruta que deberán seguir os distintos departamentos municipais e axentes sociais implicados para desenvolver actuacións e acadar obxectivos.

Este terceiro compromiso a favor da igualdade no termo municipal de Ares, permitirá desenvolver medidas social e economicamente realistas, nas que prime o aproveitamento dos recursos existentes en tempos de crise económica.

Promove e coordina: Concello de Ares e Centro de Información á Muller (CIM)
Financia: Xunta de Galicia e Fondo Social Europeo
Realiza: EDESGA


III PLAN DE IGUALDADE en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares