Martes 6 de maio no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol)
Por terceiro ano consecutivo, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coa Deputación da Coruña celebra unha xornada dedicada ao emprego e o emprendemento, que nesta ocasión reúne a profesionais do asesoramento a emprendedores para compartir coñecementos e experiencias e mellorar a coordinación baixo un único lema: Ferrolterra non pode emprender sen ti!
Se te dedicas profesionalmente ao asesoramento ou se es unha persoa emprendedora (ou quere selo) tes unha cita o martes día 6 de maio no Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol)
PROGRAMA
MAÑÁN 08:45H – 14:00H TARDE 15:45H – 19:30H
08:45 Entrega de documentación e acreditación
09:15 Inicio e presentación da xornada
09:30 Accións do Plan de Impulso e Coordinación de Servizos de Apoio a Emprendedores
10:00 Presentación das conclusións e recomendacións do estudo realizado
10:30 Cara a Cara ‐ Pausa
11:00 Boas prácticas: Cersia Empresa (Santiago de Compostela)
11:45 Boas prácticas: Ávila Activa (Ávila)
12:30 Boas prácticas: Barcelona Activa (Barcelona)
13:15 Mesa de conclusións
TARDE
15:45 Acreditación
16:15 Salario emocional. Como pagar mais con menos (Marcela Parga)
16:45 Microemprendemento: economía de supervivencia e novas tecnoloxías (María Ramos)
17:15 O equipo de rugby: estratexias de colaboración (Francisco Usero)
17:45 Cara a Cara ‐ Pausa
18:00 Non me entenden! Como mellorar a comunicación cos nosos asesorados (Daniel Álvarez )
18:30 Co tempo nos talóns. Como mellorar a xestión do meu tempo (Mario López Guerrero)
19:00 Que vos levades? Conclusións e peche
Para máis información: www.comarcaferrolterra.es