Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
GALA BENÉFICA ASOCIACIÓN PARKINSON FERROLTERRA
03 Maio 2014

A Asociación PARKINSON de Ferrolterra, organiza o vindeiro día 3 de maio, sábado a partir das 20 horas no pavillón deportivo municipal de Ares, unha gala benéfica co gallo de recadar fondos de cara a poder manter as actividades e servizos que dita asociación presta en Ferrolterra.

A gala conta ca colaboración das Concellarías de Asuntos Sociais dos Concellos de Ares e de Mugardos, e as agrupacións de baile DANZARES de Ares e MÓVETE de Mugardos, así como do COLECTIVO MÁXICO FERROL Lorc and Julit do que forman parte un elenco de magos.

Este evento, consistirá na posta en escea de coreografías de baile moderno, xunto con números de maxia nun cóctel dinámico que terá unha duración estimada de hora e media intercalando as diferentes actividades.

Os grupos DANZARES de Ares e MOVETE de Mugardos, son dous grupos adicados ao baile en todas as súas vertentes tanto de salón, como latinos, moderno,…e compoñenese por xoves de Ares e de Mugardos. Contan en ambos casos con numerosas actuacións como participantes en actos musicais tanto na comarca, como fóra dela, e levan varios anos dinamizando a actividade de baile entre as poboacións de ambas vilas. O colectivo máxico Lorc and Julit, é unha asociación de magos conformado no ano 2010 e da que Julit, a viúva do Mago Lorente é a socia de honra. Contan con innumerabeis participacións en festivais e sempre colaboran con ONGs así como asociación con fíns benéficos como nesta ocasión, a favor do Parkinson.

Como colofón entre todos/as os/as asistentes farase un sorteo de agasallos doados por diferentes empresas. A entrada é de balde aínda que disporase unha “fila 0”e ademáis poderán mercarse rifas para uns sorteos que terán lugar na xornada, mercede á colaboración de supermercados GADIS, e EDUBEN charcuteros entre outros colaboradores.

Os Concellos de Ares e de Mugardos, fan un chamamento á cidadanía a que acodan a esta gala axudando desta forma a que unha entidade como o PARKINSON Ferrolterra poida continuar prestando o seu apoio a aqueles/as que o precisen.
En Ares e Mugardos, a 2 de abril de 2014.

AS CONCELLARÍAS DE ASUNTOS SOCIAIS DOS CONCELLOS DE ARES E DE MUGARDOS




 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares