Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 20 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
CAMPAMENTO URBÁN DEPORTIVO 2013
01 xullo 2013

Desenvolverase nos meses de xullo e primeira quincena de agosto, ca posibilidade de
inscricións por quincenas. O campamento levarase a cabo de luns a venres, agás nas datas
sinaladas no calendario como festivas.

 Disporanse 60 prazas por quincena. Establecense tres quendas correspondendo cos meses
de xullo e primeira quincena de agosto. O período de inscripcións será dende o día 15 de
xuño en adiante ata rematar as prazas. A primeira quenda será do 1 ao 15 de xullo, a
segunda quenda será do 16 ao 31 de xullo, e a terceira será do 1 ao 15 de agosto. Existe a
posibilidade no momento da inscripción, de apuntarse a máis dunha quincena previo pago
por adiantado do importe. Non se reservarán inscripcións dunha quincena para a outra,
sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos antes suliñados. Para información e
inscripcións pasar polo Pavillón Deportivo Municipal, de luns a venres de 9:30 a 13:00
horas. Tamén no teléfono 981468562 ou na web municipal en www.concellodeares.com.

 Estabelecense os seguintes importes polo Campamento: 30 €/quenda empadroad@s e 50
€/quenda non empadroad@s). Os ingresos faranse no número de conta de Banco Pastor:
0072-0128-55-0000101082. A partir do segundo membro da unidade familiar: 20
€/quenda empadroad@s, e 40 €/quenda non empadroad@s. Familias numerosas 50% en
todas as inscripcións (Descontos non acumulables). IMPORTANTE: Indicar no concepto
do ingreso: Campamento Urbán de Ares e o nome do participante.

 Cada xornada comenzará ca recepción ós nenos/as ás 10:30 da mañá no Pavillón Deportivo, ou na zona de praia habilitada para as actividades no areal. Dende ese momento
permanecerán sempre en grupos de idades cun monitor ou monitores responsables de
cada grupo, ata o remate da xornada ca recollida dos participantes polos pais/nais ou
titores que farase as 13:30 no punto de reunión estabelecido. No caso de que os
participantes cheguen por libre á xornada ou marchen eles sós, deberán comunicalo
previamente ós responsabeis no momento da inscrición no campamento, cubrindo unha
autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos
identificarase ós monitores.

 Os grupos de idades que se estabelecen son os que seguen: Grupo A: De 7 a 8 anos. Grupo
B: De 9 a 10 anos. Grupo C: De 11 a 12 anos. No caso de considerar a posibilidade por
razón de número de inscritos/as poderanse facer só dous grupos quedando: Grupo A: De
7 a 9 anos. Grupo B: De 10 a 12 anos. ( Poderán tomar parte nen@s que teñan 7 anos ou os
cumplan antes de rematar o ano 2012).

 Disporase de 15 min. para a baixada dende o Pavillón á praia, debendo ir todo o grupo co
monitor responsable que adoptará as medidas de seguridade e control axeitadas á
situación.Aproveitando ese intre, tódolos rapaces poderán tomar algún tentempé. Cando a
xornada comenze na praia, farase unha pausa de 15 min. no cambio de actividade.
 Nunha das xornadas semanais e durante toda a semana ( no planing figura os luns pero
poderá ser noutro dos días da semana) levaranse a cabo actividades na natureza ( remo,
vela, sendeirismo, tiro con arco).


INSCRICIÓN CAMPAMENTOS en pdf
INFORMACIÓN CAMPAMENTOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares