O Concello de Ares organiza unha acción promocional do Degustares 2022.
BASES DE PARTICIPACIÓN
1- OBXECTO:
O obxecto destas bases é a participación de todos aqueles establecementos hostaleiros en activo de Ares, que habitualmente sirvan pinchos e/ou tapas aos seus clientes, dando a coñecer a riqueza gastronómica e as súas distintas propostas aos cidadáns e visitantes, amais de animar a actividade socioeconómica en temporada baixa.
2- INSCRICIÓNS:
Solicitude de participación na que conste o nome do local, o seu teléfono de contacto, o nome da tapa, unha fotografía da tapa proposta e a franxa horaria do servizo de comidas e ceas no que cada local pretenda ofertar a tapa.
O comezo de inscricións será o día 11 de abril ata o 22 de abril.
Tódalas solicitudes entregaranse no Concello de Ares de forma presencial, ben enviando a documentación ao correo electrónico lucia.blanco@concellodeares.com.
3- PROCEDEMENTO:
O Concello de Ares comprométese:
• A organizar e impulsar esta acción promocional.
• A proporcionar a publicidade necesaria para o desenvolvemento desta iniciativa (cartel, cartilla, difusión nas redes sociais e páxina web, etc.).
• Realizar o seguimento e resolver cantas cuestións xurdan a partir da súa organización e desenvolvemento.
4- DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS:
4.1- Durante o período do evento, do 7 e 8 de maio e do 14 a 15 do mesmo mes, os locais participantes ofertarán ao público a tapa sinalada na inscrición. Deberá facerse ó mediodía durante o servizo das comidas ou pola noite, durante o servizo das ceas.
4.2- Os ingredientes das tapas e a materia prima para a súa elaboración serán libres, aínda que deberán ser produtos galegos na maioría, de cara a resaltar a cultura gastronómica da nosa terra.
4.3- Cada establecemento poderá participar presentando unha única tapa ao concurso.
4.4- Cada local participante fará promoción do concurso DEGUSTARES colocando nun lugar ben visible a promoción do evento que se está a realizar. Actuarase da mesma maneira no caso daqueles que dispoñan de redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, etc.) e/ou páxina web, promovendo a difusión da iniciativa.
4.5- Os establecementos participantes distribuirán entre os seus clientes tarxetas específicas coa imaxe do DEGUSTARES, onde estarán expostas tódalas tapas que participan neste evento promocional.
4.6- Os locais que participan deberán ter selos dos seus establecementos.
4.7- Para que a participación dos clientes sexa válido, o cartón deberá estar completamente recheo e selado por tódolos establecementos participantes. Depositarase nunha urna no concello designada para este fin.
5- DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO POR PARTE DOS CLIENTES:
5.1- Os clientes que desexen participar neste concurso deberán pasar por tódolos establecementos que están adheridos a esta promoción.
5.2- Deberán cubrir tódalas tarxetas con seus datos persoais e indicar con una puntuación do 1 a o 10 a súa valoración sobre as tapas que está a degustar.
5.3- Non entrarán no sorteo as tarxetas que non estean seladas polos establecementos, aínda que estean puntuadas.
6- DESENVOLVEMENTO XERAL:
Durante os días 7 e 8 de maio ata o fin de semana do 14 e 15, os establecementos ofrecerán aos seus clientes unha tapa, que participará dentro do concurso, durante as horas da comida e da cea. Os concursantes deberán degustar e valorar as tapas en cuestión, seguindo a cartilla que se lles dará no local participante.
7- PREMIOS PARA OS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES:
O primeiro premio estará dotado dun diploma coma recoñecemento do posto gañador e un vale de 500 euros.
O segundo primeiro estará dotado dun diploma coma recoñecemento do segundo posto e un vale de 400 euros.
O terceiro premio estará dotado dun diploma acreditativo do terceiro posto e un vale de 300 euros.
O método de selección designado para determinar os postos e os establecementos gañadores será o reconto de votos, sempre a partir da tarxeta-cartilla selada correctamente.
8- PREMIOS PARA OS CLIENTES GAÑADORES
Tódalas tarxetas debidamente cubertas optarán a un sorteo que se realizará o día 20 de maio, nas instalacións da Alianza Aresana de forma presencial e tamén vía online, retransmitida en directo. Sortearanse como premios para clientes e participantes no DEGUSTARES 5 vales de 100 euros cada un.
9- CANXEO DOS VALES
Tódolos os vales deberán ser canxeados naqueles establecementos que estiveran adheridos á campaña de consumo MercAres, co fin de seguir promocionando e promovendo o comercio local e a nosa hostalería.
Os cobros dos vales faranse na sucursal de ABANCA, co mesmo mecanismo empregado ata o momento, nun prazo máximo de 4 meses dende a finalización do concurso:
Nome e apelidos, DNI da persoa que entrega o vale e factura ou ticket do establecemento onde se produce o canxeo.
10- PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, o Concello informa de que una vez concluído o evento de DEGUSTARES destruíranse os datos de contacto dos clientes participantes no sorteo.