LÁNZASTE CON NÓS?
Que sefará?
A actividade propón á rapada un lanzamento dende a tirolina máis
longa de Galicia (300 m. de longo e So m. de alto) como remate do
pequeno roteiro sendeirista e cultural da Ruta dos Fornos.
A quen vai destinado?
Aos mozos e mozas nados entre o 2000 e 2009, ambos inclusive, tanto
empadroados en Ares como noutro municipio.
Cando e con que prezo?
O sábado, 9 de abril, cun custe de 15 euros. O prezo inclúe transporte,
acompañamento de monitores titulados, entrada e guías, seguro de
viaxe e accidentes e xantar na Pontenova.
Como inscribirme?
Abriranse dous períodos de inscrición: do 25 de marzo ao 5 de abril -
para empadroados/as- e do 31 de marzo ao 5 de abril -para non
empadroados/as-. A inscrición realizarase na biblioteca municipal de
Ares abonando nese momento o importe da actividade. No caso de
inscribir a menores de idade, asinarase un documento de autorización.