Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 04 de xullo de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XXV TRAVESIÍA A NADO RÍA DE ARES 2022

XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2022

VERANEARES  2022

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

VERANEARES DEPORTIVO 2022

QUERE O TEU MERCADO 2022

PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROGRAMA sendARES 2022
23 Xaneiro 2022

Tempada I: De Inverno a Primaveira. IMOS DE SENDEIRISMO!

- RUTA 1: 23 de xaneiro, domingo: Ruta Doniños - A Graña
o Esta ruta ten un carácter histórico xa que imos percorrer parte do camiño empregado por tropas inglesas no ano 1800 para tentar apoderarse da base naval de Ferrol. Pasaremos pola praia onde desembarcaron as tropas invasoras, polos altos por onde pasaron, e onde disfrutaremos dunhas vistas espectaculares do Golfo Artabro e das praias.

HORA SAÍDA EN BUS: 8H. HORA CHEGADA: 15H. Praza da Igrexa de Ares.
Ruta de 14 Km Desnivel + 340 Desnivel – 340. DIFICULTADE MEDIA.
Inscricións: Ata as 00h. do 14 de xaneiro. Na web municipal: www.concellodeares.com. Límite de 20 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 10 €.

- RUTA 2: 20 de febreiro, domingo: Naraio-Penas Louseiras:
o Nesta ruta ímonos desprazar ata terras de Narahio, no concello de San Sadurniño, para entrar na serra do Forgoselo. Esta serra forma parte do espazo protexido Xuvia-Castro e é un lugar de interese comunitario (LIC).Comezaremos a ruta na igrexa de Santa María de Narahio (ano 865), para dirixirnos cara ao monte Pena Louseiras (465 m), que se atopa no extremo sur do conxunto xeolóxico de Cabo Ortegal. Veremos rochas ultrabásicas moi diferentes ao resto de Galicia, unha especie de mármore chamado serpentina. Unha vez no seu cumio, poderemos contemplar unhas vistas espectaculares do Golfo Ártabro e do resto da costa norte da provincia da Coruña.

HORA SAÍDA EN BUS : 8H. HORA CHEGADA: 15H. Praza da Igrexa de Ares.
Ruta de 13 Km Desnivel + 450 Desnivel – 450. DIFICULTADE MEDIA-BAIXA.
Inscricións: Ata as 00h. do 11 de febreiro. Na web municipal: www.concellodeares.com. Límite de 20 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 10 €.

- RUTA 3: 19 de marzo, sábado: Circular Soaserra-Caaveiro-Soaserra:
o Sairemos da igrexa de Santa Olaia de Soaserra, en Cabañas, para baixar ata atopar o camiño dos encomendeiros, que non levará ao río Sesín. Dende aquí iremos subindo ata chegar ao mosteiro de Caaveiro.
Por onde subiremos pola antiga vía de acceso ao mosteiro, para chegar de novo ao río Sesín na zona alta. Cruzar O Pazo para volver cara a Soaserra.
Nesta ruta é preciso levar tentempé pois xantaremos na actividade.

HORA SAÍDA EN BUS: 8H. HORA CHEGADA: 17H. Praza da Igrexa de Ares.
Ruta de 14.5 Km Desnivel +: 615 m Desnivel -: 608 m. DIFICULTADE ALTA.
Inscricións: Ata as 00h. do 11 de marzo. Na web municipal: www.concellodeares.com. Límite de 20 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 10 €.

- RUTA 4: 24 de abril, domingo: Ares achegándonos a beiramar. (Costeira de Ares-Chanteiro)

o Sairemos da Praza da Igrexa de Ares, para coller o sendeiro de costa que irá levándonos polas parroquias de Lubre e Cervás, percorrendo as sendas incluídas na rede municipal e que pasa polas pequeñas calas, miradores e baterías costeiras ata acadar a praia de Chanteiro, onde rematará a ruta. Recolleranos o bus para regreso á Praza da Igrexa de Ares, na Praza Ramón García.

HORA SAÍDA A PÉ: 8H. HORA CHEGADA EN BUS: 14H. Praza da Igrexa de Ares.
Ruta de 13 Km Desnivel +355: m Desnivel -: 361m. DIFICULTADE MEDIA-BAIXA.
Inscricións: Ata as 00h. do 13 de abril. Na web municipal: www.concellodeares.com. Límite de 40 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 10 €.

- RUTA 5: 21 e 22 de maio, fin de semana na Costa da Morte: De Cee a Fisterra.
Faremos as dúas últimas etapas do Camiño de Santiago a Finisterre: de OlIveiroa a Cee, a primeira etapa; e de Cee a Fisterra, a última.
O camiño que percorreron algúns peregrinos para visitar o fin do mundo, este é o único camiño de Santiago que comeza en Santiago, un camiño de mitos e lendas que nos premiará con visitas a igrexas e vilas como onde descansaremos a primeira noite. Cee é o municipio máis grande da Costa da Morte.

HORA SAÍDA EN BUS O SÁBADO 21: 6H. HORA CHEGADA O DOMINGO 22: 17H. Praza da Igrexa de Ares.
Etapa 1: OlIveira- Cee. Ruta de 20,2 Km Desnivel + 227 Desnivel – 486. DIFICULTADE BAIXA.
Etapa 2: Cee-Fisterra. Ruta de 12 Km Desnivel + 246 Desnivel – 246. DIFICULTADE BAIXA.
Inscricións: Ata as 00h. do 6 de maio. Na web municipal: www.concellodeares.com. Límite de 20 prazas. Por rigurosa orde de inscrición.
PREZO: 60 €.

• NORMATIVA DO PROGRAMA:

o O programa de sendeirismo ten coma uns dos seus principais obxetivos, o de propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio natural, as formas de vida saudabeis e o coñecemento do noso entorno dende unha perspectiva activa.
o Está dirixido para calquera persoa maior de 12 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable o que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
o As inscricións faranse para cada actividade por separado, debéndose facer na forma e nos prazos establecidos pola Organización para cada unha das rutas. Do mesmo xeito, unha vez rematado o prazo elaborarase un listado de participantes así como unha lista de garda, que será empregada no caso de que houbera baixas. Para formalizar cada inscrición é preciso acceder á web do concello de Ares, en www.concellodeares.com, e premer en Sendares 2022, desta forma poderemos inscribirnos e enviar dita solicitude de participación. Lembramos que as solicitudes quedarán rexistradas por orde de inscrición que será logo empregada para confeccionar os listados de cada ruta.
o Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. Cada ruta terá un prezo, no que irá incluído os servizos de guía, seguros e transporte ( no caso da ruta de Cee a Fisterra incluirá o aloxamento).
o Os desprazamentos serán sempre en microbuses ( no caso da rota por Ares, o regreso ) saíndo e regresando a puntos establecidos previamente en cada ruta e que por norma xeral terá lugar dende as inmediacións da Alianza Aresana na Praza da Igrexa de Ares. No caso das viaxes sempre farase portando a mascarilla.
o Cada participante deberá levar a súa mochila cos uteis necesarios para a rota, sen esquecer o seu avituallamento persoal. Igualmente faise necesario dispor de calzado e roupa adecuada.
o En función das normas dispostas polas autoridades sanitarias no momento da celebración das rutas, todas as rutas seguirán o protocolo sanitario previsto por causa da COVID19 e que inclúe as medidas de distanciamento social, emprego de mascarilla homologada, uso individual de hidroxel. No caso de sentirse mal ou ter febre non asistir ás actividades e comunicalo ao mail/ whatsapp da Organización.


- FORMULARIO DE INSCRICIÓN: RUTA 5: fin de semana na Costa da Morte: De Cee a Fisterra

https://forms.gle/7zodkQXQ67tRdyUj6


PROGRAMA COMPLETO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares