Gústache a fotografía?
Coñeces o teu pobo?
Tes entre 8 e 18 anos?
Anímate, presenta a túa foto
Poderás formar parte do calendario municipal 2022
+ Premios da categoría
Prazo: Do 27 de setembro ao 18 de outubro
Envío: de xeito electrónico a concursofotografia@concellodeares.com
Categorías: de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos
Información e dúbidas: na OMIX ( Edificio Alianza Aresana, Rúa María 11, Ares ) ou no teléfono: 981 448 057
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
O obxectivo deste concurso é convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas
CALES SON AS CATEGORÍAS?
CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos
CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos
PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA
A recepción das obras participantes farase a través do correo electrónico:
concursofotografia@concellodeares.com
O prazo de presentación será: Do 27de setembro ás 09:00 h. ata o 18 de outubro ás 20:00 h.
COMO PARTICIPAR?
Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe :
ASUNTO: V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar os formularios na páxina web do concello www.concellodeares.com
No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas
CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
• Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior
• So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas
• As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapíxels, en formato JPEG ou JPG
• As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada
• As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros
• As fotografías deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos
FALLO E PREMIO
• O xurado designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base a: o adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo
• Elixiranse un total de 6 fotos ( 3 de cada categoría agás excepción motivada do xurado)
• Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas, polo que, no caso de coincidir, o xurado deberá elixir outra no seu lugar
PREMIOS:
A- As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2022 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas
B- Categoría A- 1º PREMIO- Un Ipad
2º e 3º PREMIO- Un lote de libros
Categoría B- 1º PREMIO- Cámara de fotos ou Ipad
2º e 3º PREMIO- Un lote de libros
CONDICIÓNS XERAIS
• As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas
• No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuír, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido
• O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos
• As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso
FORMULARIO DE INSCRICION FOTOGRAFIA XUVENIL 2021 en pdf
FORMULARIO AUTORIZACION IMAXES TERCEIROS CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2021 en pdf