Por Resolución de alcaldía núm. 414/2021 de data 31/08/2021, aprobáronse as bases para a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea a favor do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego REINICIA VII do Concello de Ares, coas especialidades SSCS0208: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e MAMD0209: Traballos de carpintería e moble. Por medio do presente anuncio publícanse as bases da devandita convocatoria para que as entidades interesadas podan participar na mesma, sendo as que a continuación se reproducen:
BASES PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA A FAVOR DO ALUMNADO-TRABALLADOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO REINICIA VII DO CONCELLO DE ARES
Artigo 1.- Finalidade e duración dos incentivos á contratación por conta allea
1.- Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro dual de emprego “REINICIA VII”, financiado a través da convocatoria 2020 de axudas e subvencións a obradorios duais de emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, de acordo co disposto no artigo 15 da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG núm. 14 do 22 de xaneiro de 2020).
O Concello de Ares, xunto cos Concellos de Cabanas, Fene, Mugardos e Neda, está a desenvolver un obradoiro dual de emprego “REINICIA VII”, sendo o Concello de Ares o promotor e representante da agrupación de concellos.
O obradoiro dual de emprego “REINICIA VII” iniciou á súa actividade o día 28.12.2020 e rematará o vindeiro
27.09.202. Conta con 20 alumnos/as traballadores/as, traballando e formándose nas especialidades:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)
- Traballos de carpintería e moble (MAMD0209)
2.- A cantidade global máxima para esta convocatoria ascende a 7.500 €, de acordo coa resolución asinada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña con data 11.05.2020 e segundo se recolle no Anexo que se achega coa mesma. O citado importe posibilitará outorgar ás empresas incentivos de ata 5 contratos, cun importe de concesión de 1.500 € por contratación realizada para un período mínimo de 3 meses a xornada completa.
Anualidade Nª de contratos Importe subvención
2021 5 5 x 1.500 € = 7.500,00 €
A data de inicio das contratacións deberá ter lugar no período comprendido entre o 28.09.2020 e o 19.10.2021, isto é, nos 15 días hábiles seguintes á finalización do Obradoiro, que será o 27.09.2021