23 de ABRIL DÍA DO LIBRO
Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o I Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade.
O concurso consistirá en crear un microrrelato en galego a partires dunha das seguintes frases propostas . A frase que elixades será o comezo do microrrelato.
FRASES
1. Unha lúa grande e redonda alumeaba a noite…
2. Crin que estaba só/ soa ata que....
3. O arbitro pitou o final do partido…
4. A escola estaba baleira, non se oía nada…
5. Cando espertei o almorzo estaba na mesa…
BASES
O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras.
Deberá levar obrigatoriamente un título.
O límite de envío de número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.
O participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
Poderán participar mozos mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI As Mirandas.
CATEGORÍAS
Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
Categoría B: alumnado de ESO
FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS:
Por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com
Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
Prazos de entrega: dende o 8 de abril ao 21 de abril, ambos incluidos.
En cada categoría haberá 1 gañador/a (premio : tablet/ebook ) e 1 finalista (lote del libros).