DOMINGO 4 DE OUTUBRO: P.N. FRAGAS DO EUME.
DOMINGO 25 DE OUTUBRO: CAMIÑO SANTO ANDRÉ DENDE CEDEIRA.
SÁBADO 21 DE NOVEMBRO: POR TERRAS DE MONFERO ( LAGARES).
DOMINGO 29 DE NOVEMBRO: FERROL, OS MONTES DE BRIÓN.
DOMINGO 13 DE DECEMBRO: POLA COSTA DE ARES.
• NORMATIVA DO PROGRAMA:
o Todas as rotas seguirán o protocolo sanitario previsto por causa da COVID19 e que inclúe as medidas de distanciamento social, emprego de mascarilla homologada, uso individual de hidroxel. No caso de sentirse mal ou ter febre non asistir ás actividades e comunicalo ao mail/ whatsapp da Organización. O INCUMPRIMENTO DE CALQUERA DESTAS MEDIDAS SUPORÁ A PERDA DA CONDICIÓN DE PARTICIPANTE NO PROGRAMA.
o O programa de sendeirismo “ roteiros de outono”, nace ca idea de propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio natural, as formas de vida saudabeis e o coñecemento do noso entorno dende unha perspectiva activa.
o Está dirixido para calquera persoa maior de 12 anos. No caso de menores de idade deberá participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable o que deberá ser comunicado no momento da inscrición.
o Neste programa e debido ao contexto sanitario no que nos atopamos non poderán acompañar aos participantes ás súas mascotas.
o Os despramentos serán sempre en vehículos particulares ( agás nas rotas a Santo André de Teixido e a Brión nas que faremos os desprazamentos en microbús) saíndo e regresando a puntos establecidos previamente en cada rota e que por norma xeral terá lugar dende as inmediacións da Alianza Aresana na Praza da Igrexa de Ares. E responsabilidade de cada conductor o cumprimento da normativa sanitaria no seu coche nos desprazamentos ás actividades propostas. Nas rotas en bus desinfectaranse as mochilas, así como as mans de cada participante antes de subir a o bus e ocuparase sempre o mesmo asento na viaxe de ida e de volta, portando sempre a mascarilla.
o Cada participante deberá levar a súa mochila cos uteis necesarios para a rota, sen esquecer o seu avituallamento persoal. Igualmente faise necesario dispor de calzado e roupa adecuada á actividade e a estación na que estamos.
INSCRICIÓNS: DISPORANSE 22 PRAZAS. DOUS PROCEDEMENTOS:
• PROGRAMA COMPLETO:
o Do 24 de setembro ao 9 de outubro, a través do apartado “programa roteiros de outono” na web municipal www.concellodeares.com. Cubrir formulario de datos e enviar a solicitude de participación no programa. No caso de aceitación da vosa solicitude, recibiredes un correo electrónico e unha mensaxe ao teléfono de contacto que proporcionedes, no que se vos confirmara a praza e as indicacións para facer o pagamento. As inscricións quedarán rexistradas por orde de inscrición, de forma que as 22 primeiras solicitudes serán as adxudicatarias das prazas previstas, establecéndose a continuación unha listaxe de garda. Se se esgotasen as 22 prazas de programa completo, non habería posibilidade de inscrición por rotas, e no caso contrario ofertaranse tantas prazas como queden libres.
• POR ROTAS:
o Do 24 de setembro en adiante, pero tendo en conta que terán preferencia na adxudicación de praza as correspondentes ao programa completo, polo que só será posible a aceitación de inscrición por rotas cando quedasen prazas libres. O período de inscrición de cada rota, sempre e cando houber prazas libres, estará aberto ata catro días antes da súa realización. Seguirase o procedemento de orde de inscrición para a adxudicación das prazas previstas.
• IMPORTES : (Non se poderá satisfacer ningún importe ata que se reciba aviso por mail ou por whatsapp de contacto, da concesión de praza, indicándose nese intre o número de conta onde facer o pagamento).
o PROGRAMA COMPLETO: 40 €.
o PROGRAMA POR ROTAS: 10 € cada rota.
(inclúen transporte nas rotas a Santo André e a Brión, seguro de accidente e guía profesional nas rotas).
ORGANIZA : Concellaría de Deportes do Concello de Ares.
COLABORA: Kapitrek guías de montaña
- DOMINGO 4 DE OUTUBRO: P.N. FRAGAS DO EUME :
ROTA: Saída e chegada ao camping de Monfero.
DISTANCIA: 15 km
DIFICULTADE: Media -alta
( Desnivel acumulado de 600m).
TEMPO ESTIMADO: 6h.
SAÍDA: Ás 08,30h. dende a Alianza Aresana. REGRESO: A Ares ás 16h apróx.
OBSERVACIÓNS: Xantarase na rota polo que cada participante deberá levar un picnic
RECOMENDACIÓNS: Mochila con avituallamento sólido líquido, bastóns, roupa e calzados adecuados para a actividade.
- DOMINGO 25 DE OUTUBRO: CAMIÑO SANTO ANDRÉ DENDE CEDEIRA:
ROTA: De Cedeira a santo André.
DISTANCIA: 11 km.
DIFICULTADE: Media-alta.
SAÍDA: Ás 07,30h. dende a Alianza Aresana. REGRESO: A Ares as 14h apróx.
RECOMENDACIÓNS: Mochila con avituallamento sólido líquido, bastóns, roupa e calzados adecuados para a actividade.
- SÁBADO 21 DE NOVEMBRO: POR TERRAS DE MONFERO
( LAGARES):
ROTA: Saída e chegada aos Esterqueiros.
DISTANCIA:14 km.
DIFICULTADE: Media-baixa.
TEMPO ESTIMADO: 4h.
SAÍDA: Ás 08,30h. dende a Alianza Aresana. REGRESO: con chegada a Ares ás 15 h. apróx.
RECOMENDACIÓNS: Mochila con avituallamento sólido líquido, bastóns, roupa e calzados adecuados para a actividade.
- DOMINGO 29 DE NOVEMBRO: FERROL, OS MONTES DE BRIÓN.
ROTA: Dende A Cabana aos montes de Brión e retorno circular.
DISTANCIA: 13 km.
DIFICULTADE: Media
SAÍDA: Ás 08h. Dende a Alianza Aresana. REGRESO: Ás 14h apróx.
RECOMENDACIÓNS: Mochila con avituallamento sólido líquido, bastóns, roupa e calzados adecuados para a actividade.
- DOMINGO 13 DE DECEMBRO: POLA COSTA DE ARES.
ROTA: Saída e chegada a Alianza Aresana, tras percorrer parte da costa.
DISTANCIA: 12 km.
DIFICULTADE: Baixa.
SAÍDA: Ás 09h. dende a Alianza Aresana, parada no CIRS na metade da rota e REGRESO: Ás 13,30h apróx.
RECOMENDACIÓNS: Mochila con avituallamento sólido líquido, bastóns, roupa e calzados adecuados para a actividade.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN