Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 23 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
APROBACIÓN ORDENANZA REGULADORA E FISCAL DO ESTACIONAMENTO REGULADO E DA TAXA POLA SÚA UTILIZACIÓN NO CONCELLO DE ARES
30 xullo 2020

O 11 de marzo de 2020, a Organización Mundial da Saúde elevou a situación de emerxencia de saúde pública xerada pola expansión do coronavirus COVID-19 a nivel de pandemia internacional. Esta expansión está a xerar unha crise sen precedentes recentes na saúde pública que afecta a todos os sectores e individuos.

As distintas administracións, organismos e institucións, nacionais e internacionais, tiveron que adoptar medidas drásticas e urxentes para a prevención e loita contra a pandemia.

O feito de controlarse o brote inicial, tras o establecemento por parte do goberno central de 4 fases coas que completar a desescalada, e superarse a fase III, implicou que quedasen sen efecto as medidas extraordinarias derivadas do estado de alarma, pero iso debe comportar, con todo, a adopción, por parte das administracións competentes, das necesarias medidas de prevención que permitan seguir facendo fronte e controlando a pandemia, tendo en conta a subsistencia, aínda que atenuada, dunha situación de crise sanitaria.

Neste sentido, a Xunta de Galicia, que asumiu de novo a xestión da saúde pública autonómica, ditou a RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta da mesma data, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Dentro da referida resolución, entre outras, establécense unha serie de obrigas de seguridade, hixiene e distancia social para o uso de praias. O apartado 3.30 do Anexo estipula no seu número 4 que “Os concellos poderán establecer limitacións tanto de acceso como de aforo nas praias a fin de asegurar que se poida respectar a distancia interpersoal de seguridade entre usuarios. Para iso poderán tamén establecer límites nos tempos de permanencia nas mesmas, así como no acceso aos aparcamentos en aras de facilitar o control do aforo das praias”.

O Concello de Ares optou por limitar o aforo das praias, de intensa ocupación en período estival, controlando a posibilidade de aparcamento para as persoas usuarias que acudan en transporte privado ás mesmas.

Para iso delimitáronse as superficies de aparcamento dispoñibles no termo municipal que darán servizo ás persoas non residentes que acudan a algunhas das praias do municipio en transporte privado, quen deberá adquirir un código que lles permita aparcar nas devanditas zonas nas horas puntas de asistencia aos areais e para cuxa obtención esixiráse o pago dun prezo. Esta obrigación só se establece para os tramos de maior afluencia de chegada aos devanditos areais, de 11 a 13 h e de 17 a 19 h. O resto de tramos horarios será de estacionamento libre para todos os vehículos.

Os ingresos obtidos servirán, nun principio, para financiar os labores de ordenación do tráfico, así como de habilitación, conservación e mellora dos espazos habilitados para a circulación de vehículos e o seu estacionamento.

Todo iso sen prexuízo da intención deste Concello de continuar cun sistema de regulación de acceso do tráfico rodado de non residentes para a época de verán, independentemente da presenza ou non de restricións sanitarias derivadas do Covid-19, coa finalidade de ordenar de maneira segura e racional todas as superficies susceptibles de aparcamento.

O artigo 7 letra b) do Real Decreto Lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos de motor e Seguridade Viario, atribúe aos concellos a regulación mediante Ordenanza Municipal de Circulación, dos usos das vías urbanas, facendo compatible a equitativa distribución dos aparcamentos entre todos os usuarios (residentes permanentes, temporais e non residentes) coa necesaria fluidez do tráfico rodado e co uso peonil das rúas, así como o establecemento de medidas de estacionamento limitado, prestando especial atención ás necesidades das persoas con discapacidade que teñen reducida a súa mobilidade e que utilizan vehículos, todo iso co fin de favorecer a súa integración social.

Nesta Ordenanza establécese por tanto, a regulación dos estacionamentos habilitados para ese efecto e que permitan controlar o aforo das praias pero tamén a regulación dos estacionamentos reservados para residentes en diversas zonas do municipio.

ZONAS DE ESTACIONAMENTO

- Zonas verdes
Só residentes todo o ano

- Zonas azuis
Residentes: libre e gratuito sempre

Non residentes:
Ata o 15 de setembro
De luns a domingo de 11 a 13 e de 17 a 19 h
OBRIGATORIO CÓDIGO www.aparcares.com
Resto do tramo horario e/ou fora de tempada: libre e gratuito

- Zonas brancas
Residentes e non residentes:
Libre e gratuito sempre

REQUISITOS PARA A SOLICITUDE DE TARXETA PARA RESIDENTES E ASIMILADOS

a) Residentes permanentes:

a.1. Residentes empadroados en Ares e cuxos vehículos figuran no padrón aresano do Imposto de vehículos de tracción mecánica.
Sen límite de tarxetas por vivenda.
Deberán estar ao corrente de pago do imposto, así como ter ITV e seguro en vigor.

a.2. Residentes empadroados en Ares e cuxos vehículos non figuran no padrón aresano do Imposto de vehículos de tracción mecánica.
Máximo dúas tarxetas por vivenda.
Deberán estar ao corrente de pago do imposto, así como ter ITV e seguro en vigor.

b) Residentes temporais:

b.1. Residentes non empadroados en Ares e cuxos vehículos figuran no padrón aresano do Imposto de vehículos de tracción mecánica.
Sen límite de tarxetas por vivenda.
Deberán estar ao corrente de pago do imposto, así como ter ITV e seguro en vigor.

b.2. Residentes non empadroados en Ares propietarios dunha vivenda no municipio.
Unha tarxeta por vivenda.
Deberán estar ao corrente de pago do imposto así como ter ITV e seguro en vigor.

FORMULARIO DE REXISTRO DE VEHÍCULOS

1. PERSOAS EMPADRONADAS EN ARES PROPIETARIAS DE VEHÍCULOS QUE NON ABONAN O IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA ( IVTM ) EN ARES

FORMULARIO en pdf

2. PERSOAS NON EMPADRONADAS EN ARES ( 2º RESIDENCIA)

FORMULARIO en pdf

3. PERSOAS NON EMPADRONADAS TRABALLADORAS/TITULARES DE NEGOCIOS UBICADOS EN ARES OU DEPORTISTAS FEDERADOS

FORMULARIO en pdf


ORDENANZA en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares