Aprobadas na sesión plenaria extraordinaria de data 8 de xuño do 2020 as BASES REGULADORAS DA PRIMEIRA LIÑA DE AXUDAS DIRIXIDA A AUTÓNOMOS, PEMES E MICROPEMES PARA A PROTECCIÓN DO EMPREGO E DA ACTIVIDADE ECONÓMICA DO CONCELLO DE ARES NO MARCO DA CRISE SANITARIA DO COVID-19, e publicadas integramente no BOP n.º 86, de data 12 de xuño do 2020, procédese á súa convocatoria, segundo a base 7.ª das mesmas, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP de conformidade co procedemento establecido no art. 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
En Ares, a 12 de xuño do 2020.
Asdo.: O alcalde-presidente
D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Impresos en pdf:
Anexo I
Anexo II
Impreso designacion de Conta Bancaria e Baixa