BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2022.
17 xuño 2022A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2022, publicada no BOP nº 107 de 7 de xuño de 2022, elabóranse as:
BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2022.
PRIMEIRA.- OBXECTO.-
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de 7 PEÓNS co fin apoiar aos concellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súas praias marítimas durante a tempada de verán.
SEGUNDA.- MODALIDADE.-
A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato por obra ou servizo determinado, cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 1.280,78 €/mes.
TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-
Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente na nosa comarca que ademais carece dun sector de aproveitamento primario e secundario), e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular.
CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-
A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanais preceptivos.
QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-
Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos
BASES en pdf