BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 PEÓNS
20 Maio 2022Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 PEÓNS
A vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 18, do 27 de xaneiro de 2022, no que se publica a Resolución número 2022/2280 de 14/01/2021, modificada pola resolución 2022/4734 do 25 de xaneiro, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais durante o exercicio 2022 (Liña1-PEL-CONCELLOS 2022), coa concesión ao Concello de Ares dunha subvención de 43.000 € “Obxecto: Programa de integración laboral”
Na súa virtude, en base aos preceptos legais aplicables, en especial, a Lei 7.1985, de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, a Lei5/1997 de 22 de xullo e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, veño en aprobar as seguintes bases que teñen por obxecto a selección que nas mesmas se contemplan, baixo a modalidade contractual de contrato de obra ou servizo determinado ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo , en materia de contratos eventuais por circunstancias da produción.
RESOLVE:
Primeiro.- Aprobar as Bases específicas para a contratación laboral temporal de 2 peóns, que son as que a continuación se transcriben.
BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 PEÓNS.
Primeira.- Obxecto
Ó abeiro da subvención outorgada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña para Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais, ten por obxecto a contratación de 2 peóns a xornada completa por un período de 4 meses.
Segunda.- Selección
A selección terá lugar entre as persoas aspirantes que se presenten mediante convocatoria pública a facer mediante anuncio nun xornal dos de maior tirada da comarca, de acordo cos
BASES en pdf