BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 9 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2020
29 xuño 2020PRIMEIRA.- OBXECTO
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de PEÓNS co fin de atende-las funcións propias desta categoría profesional nos Servizos Municipais de Limpeza de Praias (tempada de verán 2020).
SEGUNDA.- MODALIDADE
A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato por obra ou servizo determinado, cunha duración de 2 meses e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 1.108,33 €/mes.
TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-
Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención ao obxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente na nosa comarca que ademáis carece dun sector de aproveitamento primario e secundario) , e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómica aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular.
CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL
A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo.
Os aspirantes que superen o proceso de selección, están obrigados a prestar unha xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanais preceptivos.
QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-
Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde co disposto na Lei 17/1993, de 23 de decembro.
b) Ter cumpridos 16 anos.
c) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades
BASES en pdf