DOAZÓN DE SANGUE - UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DE “EL PEZ ROJO†24 xullo 2018 - 09:30
Ti dás o tipo #súmatedoasangue
En ARES o martes, 24 de xullo.
Unidade móbil de doazón de sangue,ó carón de “EL PEZ ROJO†(avda. Saavedra Meneses)
9:30 ás 14:30 horas.
16:00 ás 21:00 horas.
Doar sangue NON DEBILITA o noso organismo.
Cada dÃa, nos hospitais galegos,centos de enfermos precisan da túa solidariedade para recuperar a saúde ou salvar a vida.
Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar,que padecen cancro ou leucemia,que sufriron accidentes de tráfico ou para os transplantes de órganos.
Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso.
Non esquezas traer o teu DNI.
Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas.
Informa ao médico se estas tomando algún medicamento.