ENTROIDO DA AGRUPACIÓN INSTRUTIVA DE CAAMOUCO 17 Febreiro 2018 - 17:30
O Entroido xa está aquÃ. A Agrupación Instrutiva de Caamouco organiza, como é tradicional habitual, o seu baile de disfraces infantil. A cita será o vindeiro sábado 17 de febreiro, dende as 17:30 horas. Este ano a festa estará amenizada polo equipo de Fiestoke. Os seus animadores encargaranse de poñer ritmo e entretemento á tarde, con música, bailes e moitos xogos. Durante o espectáculo os animadores divertirán aos máis pequenos con personaxes da Patrulla Canina e mesmo un Minion xigante.
O centro social da Tenencia contará, ademais, con servizo de cantina para os pais e nais. Durante a tarde, sortearase un lote de produtos tÃpicos destas datas.