CONVOCATORIA A ENTIDADES XUNTAZA INFORMATIVA29 Xaneiro 2016 - 19:00
Con motivo da posta en marcha do novo perÃodo de financiamento europeo 2014-2020 para o Desenvolvemento Rural dos Estados membros da UE, o Concello de Ares convida a tódalas entidades veciñais, sociais, culturais e empresariais con actividade no concello á xuntanza que se celebrará o dÃa 29 de xaneiro (venres), ás 19 horas, no salón de actos da Alianza Aresana.
Esta xuntanza ten por obxecto informar e motivar a adhesión dos actores locais, para constituÃr unha asociación sen ánimo de lucro, que posibilite concorrer ao Programa Leader de Galicia 2014-2020, no ámbito territorial das comarcas de Ferrol, Ortegal e Eume.
Ademais, esta xuntanza servirá para participar no proceso preparatorio do novo Grupo de Desenvolvemento Rural e na elaboración dos criterios e prioridades da Estratexia de Desenvolvemento Local do noso contorno.
Na espera de poder contar coa vosa presenza, recibide un cordial saúdo.
Ares, a 20 de xaneiro de 2016
Asdo: Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde do Concello de Ares