Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Os municipios confían en recuperar as concesións dos parques eólicos singulares
19 Xaneiro 2010 05:22
En representación do alcalde naronés, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Ramos, e a primeira tenente de Alcaldía, Ángeles Díaz, asistiron onte a unha reunión en Compostela na que foron recibidos polo subdirector xeral de Enerxía, Carlos Gómez, que lles explicou o proceso que seguirá a concesión de parques eólicos de tres megavatios. Á convocatoria asistiu tamén o rexedor de Ares, Julio Iglesias, e outros alcaldes de municipios galegos. No que respecta á comarca, rexedores como o de Neda, Ignacio Cabezón, esperan ser convocados proximamente, ao ter concedido no seu día un parque eólico singular.

Tras varios anos de trámites, nalgúns dos casos, os concellos continúan á espera do pronunciamento oficial da Xunta sobre o concurso eólico. Unha sentenza do TSXG anulou as últimas concesións realizadas polo bipartito e ao respecto, Carlos Gómez anunciou onte aos representantes dos municipios de Narón e Ares que se retomará en breve a situación porque a Comisión de Valoración constituída no seu día non xustificou debidamente as concesións. O proceso retrotraerase agora ao periodo anterior á creación da mencionada comisión e procederase, segundo se explicou desde a Xunta, a crear unha Comisión de Valoración de tódolos parques eólicos para valorar os proxectos, incidindo en que teñan puntos de conexión e que as horas de vento sexan as máis idóneas.

O municipio naronés, que xa adxudicara as obras e a xestión do parque a unha empresa, defendeu a ubicación das instalacións na zona de Monte dos Nenos, en Sedes, onde se rexistrarían 2.450 horas de vento ao ano, tal e como explicou Ramos, e o punto de evacuación estaría na estrada de Cedeira, á altura de San Bartolo, tal e como se acordou con Fenosa. Nun prazo de mes ou mes e medio publicarase unha resolución no Diario Oficial de Galicia e a resolución que finalmente anunciará se se manteñen ou non as concesións espérase anunciar antes do verán, indicaron desde a Xunta.

Pola súa banda, Julio Iglesias apuntou que en Ares o concurso se paralizou tralo pronunciamento do TSXG, anulando unha parte do procedemento. O parque aresán construiríase na zona da Península do Segaño e as horas de vento, tal e como indicou o alcalde, “están moi por riba do que se considera óptimo”.

Ao igual que os rexedores de Neda e Valdoviño, tanto en Narón como en Ares confían en que a documentación presentada no seu día ante o bipartito sexa valorada pola nova comisión e permita construír os parques eólicos singulares concedidos á comarca.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
19-01-2010
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares