Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 07 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares conmemora o Día do Libro cun concurso de cartas e chistes
03 Abril 2008 09:26
Con motivo da celebración do Día do Libro, que se conmemora o vindeiro 23 de abril, a Concellería de Cultura de Ares convoca o I Certame de Humor e Narración que pretende promocionar a lectura e a escritura entre tódolos veciños do concello.


Tanto nenos como maiores poden participar neste concurso narrativo aberto ós idiomas galego ou castelán.

O concurso para cativos estará dividido en dous grupos. Deste xeito, un irá dirixido a nenos de entre sete e dez anos de idade e o outro a rapaces de once a 17. Os primeiros deberán de escribirlle unha carta ao personaxe de contos ou novela que máis lles guste explicándolles por que son os seus favoritos. As cartas deberán de ter un mínimo de dous folios e un máximo de cinco.

Os mozos de once a 17 anos poderán participar nun concurso de chistes que poñerá a proba o seu sentido do humor e a capacidade de facer rir ós demais. Os interesados terán que entregar entre tres e oito chistes de temática libre, sempre e cando teñan un ton respectuoso.


Epístolas > Os maiores de 18 anos deberán redactar unha carta a unha persoa importante da súa vida, expoñendo nelas os seus sentimentos sobre alguén que lembren con especial cariño. Neste caso as composicións tampouco poderán superar os cinco folios nin ter menos de dous.

As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades do certame poden consultar as bases no tablón de anuncios de Alianzas Aresanas ou na páxina web do Concello (www.concellodeares.com). O prazo para entregar os traballos rematará o sábado 19, ás dúas da tarde.

Os premios entregaranse o día 25 deste mes no edificio das Alianzas Aresanas. Consisten nun vale por importe de 75 euros para cambiar por material nunha librería da localidade no caso do concurso de cartas e no de chistes. Para os adultos, a recompensa será dun vale de cen euros.


Escolares > Continuando coa celebración do Día Internacional do Libro, a Concellería de Cultura da localidade, que dirixe Ana Fernández Coira, repartirá entre os escolares de 3 a 6 anos un conto e un caderno de debuxo para que os cativos, despois de ler cadansúa publicación, ilustren as historias. Para esta tarefa poderanse empregar ceras brandas, rotuladores, lápices de cor ou témperas.

Os nenos teñen de prazo ata o día 18 de abril para entregar os seus traballos. Con todos eles inaugurarase o día 21 unha exposición nas Alianzas Aresanas. Ademais, o venres 25, na biblioteca municipal, entregaráselle un diploma e un agasallo a cada un dos participantes.
NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
03-04-2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares