Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares repartirá o domingo mil bolsas de uvas nas festas de San Roque
28 xullo 2009 10:04
A vindeira fin de semana Ares celebra as festas na honra de San Roque. Os festexos abriranse o venres, día 31, coa celebración da Festa do Langostino no parque Rosalía de Castro. A cita gastronómica comezará ás seis do serán e estará amenizada pola rondalla Trobadores. A ración de langostinos, acompañados de pan e viño, custará sete euros.
As festas continuarán o sábado, 1 de agosto, con pasarrúas a cargo da formación Os jaláticos de Marín. A música destas charanga soará tanto pola mañá como pola tarde co único obxectivo de entreter a nenos e maiores. Pola noite a festa trasladarase á plaza da igrexa. A orquestra Futuro será a que, a partir das dez da noite, se encargue de animar a verbena.
O domingo vivirase o día grande das festas. Ás doce do mediodía oficiarase unha misa solemne na honra de San Roque e a continuación sacarase a súa imaxe en procesión polas principais rúas da vila. O trono estará engalanado con varios racimos de uvas e estará acompañado durante todo o percorrido por homes, mulleres e nenos vestidos para a ocasión co traxe típico galego.
A continuación, nas inmediacións da igrexa, actuará o grupo de baile Areas do Mar e de seguido comezará o tradicional reparto de uvas entre os devotos de San Roque. En total, a organización, conta poder entregar preto de mil bolsas de uvas entre os asistentes.
A banda Trebol encargarase do pasarrúas da tarde e pola noite a orquestra Tabu tomará o relevo enriba do escenario. Un espectáculo pirotécnico porá, ás doce da noite, o punto e final ás festas de San Roque.

DIARIO DE FERROL Martes, 28 de Xullo de 2009

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares