A Xunta iniciará un proxecto de balizamento do polígono de bateas da ría
28 xullo 2009 10:03
A Xunta de Galicia comezará despois do verán co proxecto para colocar balizas no polígono Ferrol B, situado na ría de Ares, así como tamén noutras zonas industriais de Galicia en Arousa, Vigo, Baiona e Pontevedra, entre outras.
Esta iniciativa corre a cargo da Consellería do Mar, e segundo explicou Portos de Galicia, consistirá na instalación de aproximadamente 105 sinais luminosos para solventar as deficiencias que existen na sinalización dos polígonos mexilloeiros, destinándose así a cuantía de 1,5 millóns de euros para arranxar este problema en toda Galicia.
Obxectivos > Con esta medida preténdese mellorar a sinalización e a seguridade da navegación destas plataformas mexilloeiras, ademais de fomentar o sector das bateas, xa que tal e como recordou a entidade pública “as infraestruturas que existen na aliñación das entradas dos distintos portos galegos poden supoñer un importante perigo para a navegación pola escaseza de sinalización”. Desta maneira, antes da colocación destes sinais, estudáranse os diversos factores como son a zona de situación, a influencia dos temporais ou a importancia das canles de navegación que repercutirán nunha correcta instauración das mesmas. Para iso, empregarase a última tecnoloxía e incluso serán detectables polos radares dos barcos que estean a unha distancia próxima destos balizamentos.
DIARIO DE FERROL Martes, 28 de Xullo de 2009