Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 12 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
A Deputación investirá 139.000 euros en revalorizar A Bailadora
10 xullo 2009 10:03

 Ampliar foto
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, realizou onte unha visita institucional ao Concello de Ares, onde visitou a batería militar da Bailadora. A visita coincidiu coa publicación no BOP da licitación do proxecto de revalorización das instalacións, orzamentado en 139.210 euros.

O vicepresidente da Deputación, Pablo Villamar, foi recibido no Concello aresán polo alcalde da vila, Julio Iglesias e o resto da corporación municipal. Tras un primeiro encontro no Concello, todos visitaron despois a batería da Bailadora, unha fortificación do século XVIII, que se atopa a uns 220 metros sobre o nivel do mar, que foi utilizada como protección militar da entrada da ría e do seu contorno e que grazas a esta actuación, financiada pola Deputación, “convertirase nun balcón privilexiado para contemplar as bocas das rías de Ares e Ferrol, respectando o valor histórico e patromonial do conxunto”, segundo afirmou Pablo Villamar.

Entre as actuacións a realizar na zona inclúese o desbroce e limpeza da parcela, feito xa polos alumnos dos obradoiros de emprego municipais, a eliminación do muro perimetral que oculta parcialmente o edificio principal, a provisión de instalacións de electricidade e acometida de auga, o equipamento don conxunto con valos de madeira e outros servizos como paneis informativos, bancos e papeleiras, entre outros. Tamén se realizarán unha serie de obras que contribuirán a recuperar o valor do edificio como a reparación da estrutura metálica de sustentación do teito, a impermeabilización e cubrición con tella cerámica da cuberta, a restitución dos ocos orixinais da fachada e o cerramento dos mesmos con carpinteiría de madeira e acristalamento de seguridade, así como o tratamento dos revestimentos interiores e exteriores incluindo a limpeza da canteiría, a reparación de superficies de formigón e o emplastecido e pintado das paredes.

Pola súa banda, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, lembrou que hai dous anos, cando os socialistas accederon á Alcaldía, as baterías estaban nun estrado de total abandono e que foi co convenio de cesión de uso do mosteiro de Santa Catalina, asinado con Defensa, cando o Goberno local solicitou que se incluíran estes antigos elementos defensivos.

Iglesias explicou que, en virtude de dito acordo, a cesión das baterías contempla o mantemento das mesmas por parte do Concello. Así, na primeira que se ecidíua actuar foi na da Bailadora, “tanto polas súas excelentes vistas da ría de Ferrol como pola súa proximidade co moseiro de Santa Catalina”. Precisamente neste inmoble están a traballar os alumnos do Obradoiro de Emprego e, segundo adiantou o Julio Iglesias, en breve vanse colocar farolas de época. O rexedor tamén explicou que se está a negociar a constitución do Consercio entre Defensa, a Xunta e o Concello para rehablitar parte do cenobio con cargo ao 1% cultural do Ministerio de Fomento e convertilo, a ser posible, en Parador Nacional.

Observatorio > O alcalde de Ares tamén salientou que a intervención de recuperación que acometerá a Deputación na Bailadora --a de adecentamento xa foi executada polo Concello-, e que inclúe a construcción dun miradoiro, será fundamental para poder levar a cabo o outro proxecto que o actual grupo de goberno pretende facer: a posta en marcha dun observatorio astronómico. Algo que “sen unha infraestructura de soporte non se podería facer”, manifestou Iglesias. O rexedor tamén anunciou a súa petición a Ferrol para que inclúa ao castelo de San Martín na súa proposta de candidatura para ser declarada Patrimonio da Humanidade.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
10-07-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares