Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O alcalde preside o acto inaugural do paseo adicado ao médico José Luis Pérez
05 xullo 2009 19:37
O alcalde aresano, Julio Iglesias, presidiu onte o acto inaugural do paseo que leva o nome do médico José Luis Pérez Barreiro, finado hai uns meses e a o que o Concello decidiu rendir unha homenaxe, recoñecendo o traballo realizado nos anos que exerceu a súa profesión no municipio. O tramo recentemente habilitado une zona da praia do Xuncal coa avenida de Saavedra Meneses, bordeando o parque municipal Rosalía de Castro.

Familiares, representantes do goberno local e veciños da vila asistiron á convocatoria. Foron os familiares do médico os que se encargaron de destapar a placa do paseo, na que se pode ler a inscrición “Paseo Médico José Luis Pérez Barreiro. Aos bos e xenerosos”. O alcalde socialista dirixiu unhas palabras aos presentes, recordando que Pérez Barreiro foi unha persoa moi importante para Ares, moi sinxela e divertida, e rendiulle un merecido tributo lendo un escrito elaborado por el mesmo aos poucos días do pasamento do médico, titulado “Sus ojos se cerraron”.

En representación da familia, falou a primoxénita de Pérez Barreiro, Bertina Pérez, que agradecuo o xesto do Concello de adicar un paseo ao seu pai e asegurou que éste estaría “muy honrado y orgulloso”, ao ser Ares un pobo ao que “él tanto amó”. “Mi padre decía que no necesitaba salir de Ares porque allí tenía todo lo que quería”, asegurou a súa filla.

Tralo acto celebrado onte no paseo que agora leva o nome do médico, os asistentes foron convidados a un ágape que tivo lugar no restaurante Mar de Ares, na vila.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
05-07-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares