Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 23 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares comeza hoxe a debuxar as alfombras florais do día do Corpus
10 xuño 2009 09:26
Desde o pasado 11 de maio preto de sesenta veciños de Ares -a maioría membros da Asociación Alfombras Florais de Ares- traballan arreo para que a vila se erga ulindo a flores o día da celebración do Corpus, que este ano terá lugar o vindeiro domingo, día 14.

Durante este tempo os traballos centráronse principalmente na recolleita das plantas verdes coas que confeccionar o quilómetro de alfombra floral coa que Ares espertará o domingo. Pero é agora, durante a última semana, cando as tarefas se multiplican ó ter que comezar a seleccionar as diferentes flores coas que confecionar cada detalle das laboriosas alfombras. Rosas, claveis ou hortensias son a materia prima fundamental para lograr encher de flores a vila.

Paralelamente á recollida e selección das plantas, hoxe mesmo comezarán a debuxar sobre as rúas os diferentes motivos que despois se taparán cos pétalos das flores. Este traballo, quizais o máis laborioso, realízase durante toda a noite do sábado e nel colaboran centos de veciños do municipio que non queren deixar de participar nesta tradición. A partir das nove da noite e ata ben entrada a madrugada, deceas de persoas axudan a decorar as alfombras polas que ó día seguinte desfilará a procesión do Corpus. Sairá ás seis da tarde da igrexia parroquial e percorrerá as principais rúas da vila, totalmente cubertas de flores.

O Concello de Ares, a través da área de Cultura e Turismo que dirixe Ana Coira, colabora con esta festa organizando unha serie de actividades paralelas. O sábado pola noite, para amenizar a longa velada de traballo, actuará na praza da Constitución (espazo no que se ubicaba o anterior consistorio) o grupo de folk Roncarela. O concerto comenzará ás once da noite. O domingo, a partir das sete, as bandas The Cruze e Snile tocarán para veciños e os centos de turistas que ó longo de toda a xornada pasan pola vila.


Neda > Pero, aínda que Ares é o municipio con maior tradición neste senso non é o único que se prepara para a celebración do Corpus. En San Nicolás de Neda varias deceas de persoas traballan tamén para preparar as alfombras florais que cubrirán as principais rúas da vila o domingo, desde a plaza do Reloj e pasando por todo o casco antigo.


Ferrol > A Confraría da Merced tamén celebrará o domingo a festividade do Corpus cunha procesión que sairá ás seis da tarde da capela da Irmandade. Desde a entidade infórmase a todos os confrades que deben de asistir en traxe oscuro e levando a medalla da Confraría.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
10-06-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares