Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Preparados para a efeméride
23 Marzo 2009 10:04

 Ampliar foto
Hai oito décadas, en 1929, nacía o Numancia FC, un clube de fútbol froito da fusión entre dous equipos que xa existían en Ares, o Aresano e mais o Rompe e Racha, e que, tal e como comentou nalgunha ocasión un dos fundadores, Bernardo Martínez Oller, tomara tan épico nome do gusto que aqueles impulsores lle colleran á Historia nas clases que recibían na Alianza.

Oitenta anos despois daquilo, e logo de tantos avatares, algúns deles non moi positivos, a SDR Numancia de Ares é un dos clásicos do fútbol comarcal. Na actualidade ten 160 deportistas en dez equipos, repartidos en oito categorías e, para celebrar tan glorioso pasado e esperanzador futuro, a entidade ten prevista a celebración dunha serie de actos xa pensados aos que só lle falta a confirmación das outras entidades, organismos e institucións implicadas, como o propio Concello, a Asociación de Fútbol Aficionado Comarcal -Afaco-, o colexio Conde de Fenosa ou o Club de Remo, por exemplo.

A falta de pechar o programa, a intención do Numancia, como explica o seu vicepresidente, Manuel Fernández, é que a final da Copa de Ferrol se celebre en Prados Vellos, tanto para conmemorar o 80 aniversario da fundación como para homenaxear a unha das persoas que máis teñen traballado polo clube nos últimos tempos, o desaparecido Pedro Vilar.

Ademais, quérese que as xornadas de fútbol 7 que previsiblemente se celebrarán en xuño teñan lugar tamén en Ares, farase unha reedición da Historia do Numancia elaborada no seu momento pola xunta directiva e senllos tributos a quen gañaron o Concepción Arenal e tamén ás mulleres aresanas que a principios dos 90 fixeron campaña na rúa para concienciar aos veciños da necesidade de botar unha man á sociedade, daquela agobiada polas débedas que tiña contraídas con dúas entidades de crédito.

Ademais, durante os próximos meses o Concello sufragará a instalación do alumeado e das gradas do campo e, canda outras entidades deportivas e educativas do municipio, así como de Afaco e do colectivo arbitral, realizarase un programa de educación deportiva para concienciar aos deportistas novos da lacra que supón a violencia nos campos de fútbol.

Todo está, pois, pensado e case preparado para que o Numancia sopre a vela, o cal, 80 anos despois, só é posible, di Fernández, grazas ao esforzo e o traballo de quen, dun modo ou outro, están implicados cun proxecto tan deportivo como educativo.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
21-03-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares