Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Movemento Polos Dereitos Civís di que o Concello aresán deslexitima a este colectivo
16 Marzo 2009 10:02
O Movemento polos Dereitos Cívis (MPDC) denunciou a través dunha nota de prensa que o Concello de Ares deslexitima a asociación. Neste senso, ésta sinala que a institución municipal informou de que non está autorizada a intervir no procedemento relativo á denuncia que o MPDC puxo pola instalación de cámaras de vídeovixianza no municipio.

Segundo a administración local, esta entidade “ten unha falta de lexitmización activa” ya que, “a participación no procedemento debería realizarse na defensa de intereses lexítimos e, no caso de asociacións, as mesmas teñen que estar “legalmente habilitadas para a súa defensa. O colectivo pregúntase se a defensa do dereito á imaxe das persoas non é lexítimo e subliña que esta afirmación “provén dunha administración pública”.

Así mesmo, o Concello alega que unha asociación, polo mero feito de selo, non pode exercer un control da legalidade cando non é parte implicada. Neste senso, o MPDC lembra que unha das súas preocupacións son “os dereitos civís e a defensa dos mesmos” e critica que o Concello afirme que esta entidade non se viu agraviada e que si entendería a demanda se fose interposta por un veciño. “Con tal afirmacion rexeitana existencia e o traballo de colectivos como o noso”, afirman desde a entidade.

“O Concello apunta que non se pode considerar a administración municipal como responsable e, se se fai, tamén debería estenderse á comisión de garantías de vídeovixianza”, sinala o Movemento polos Dereitos Civís, engadindo que “Ares debería preguntarse quen colocou as cámaras, que foi o Concello, antes de deixar constancia de tales propósitos”.

O MPDC presentou no seu momento unha denuncia na Fiscalía da Coruña contra o Concello de Ares pola instalación “ilegal das cámaras no exterior da Casa Consistorial” colocadas, segundo a administración local, “para evitar pintadas na fachada do Concello”.

O colectivo lembra que o uso deste tipo de cámaras para tarefas de seguridade debe estar perfectamente adecuado á Lei 4/1997 de 4 de agosto, xa que o seu emprego debe responder aos principios de idoneidade e de intervención mínima, por tratarse de medios cos que facilmente se poden producir interferencias inxustificadas na intimidade das persoas.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
16-03-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares