Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello de Ares respalda as queixas dos veciños contra Telefónica pola falta de servizo de telefonía fixa en parte do municipio dende hai seis días
29 Xaneiro 2009 15:09
O Concello de Ares quere respaldar publicamente aos moitos veciños de todo o municipio que dende a noite do pasado venres quedaron sen servizo de telefonía fixa nas súas vivendas. Neste sentido, o goberno local acusa a Telefónica de non actuar con dilixencia e de non respostar cando os usuarios chaman para dar conta e pedir explicacións sobre as súas incidencias nun servizo que está inoperativo dende xa hai case unha semana.
De feito, o contestador que resposta ás chamadas pide que se marque o teléfono do usuario afectado e, a continuación, unha voz gravada di unicamente que o teléfono está avariado e que Telefónica tratará de solucionar o problema á maior brevidade posible.
Para o goberno de Ares, esta actitude non é de recibo, sobre todo nun municipio cun importante número de veciños que viven en núcleos rurais nos que a propia empresa está a aplicar a política de retirada de cabinas públicas, feito este último que limita aínda máis as súas posibilidades de comunicación.
O Concello fai, finalmente, un chamamento público para que os veciños afectados pola falta deste servizo presenten as reclamacións correspondentes na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), dependencia situada na pranta baixa do Consistorio e que está a tramitar as denuncias relativas a esta situación que están a padecer moitas familias do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares