Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O goberno local amplía os parques infantiles do municipio con novas obras e proxectos
29 Xaneiro 2009 14:02
O notable incremento da poboación infantil en Ares, sumado a unha escasa oferta fundamentalmente nas zonas rurais do concello, levou ao goberno local a iniciar dende o principio do mandato unha serie de iniciativas encaminadas a ampliar o número de parques infantiles así como a mellorar os xa existentes na actualidade. Baixo estes criterios de actuación, os responsables locais encargaron a redacción dun proxecto de mellora do parque infantil Rosalía de Castro que foi aprobado esta mañá por unanimidade na sesión plenaria ordinaria de fin de mes para a súa presentación ao programa de subvencións que vén de convocar a Deputación Provincial neste eido.
Dito proxecto contempla a retirada da estrutura de madeira existente e do xogo composto por unha caseta de madeira e a loseta de caucho, que se atopa en malas condicións. Ademais de instalar o chan de caucho, a intervención consistirá na colocación dunha fonte de ferro fundido, a reposición de zonas axardinadas que sexan deterioradas durante a execución dos traballos e a instalación de novos xogos, como un bambán, un carrusel xiratorio e un panel de xogos con brúxula, laberinto, tres en raia, cactus, reloxo, números, paneis de pizarra e escritura en linguaxe de signos, entre outros elementos.
As obras, que teñen un prazo de execución dun mes, suporán un desembolso, segundo se contempla no proxecto, de 52.494 euros.
Pero esta non é, nin moito menos, a única intervención nesta liña promovida polo goberno de Ares. Así, hai que lembrar que o pasado ano o Concello aportou 15.000 euros ao novo parque infantil de Cervás e están previstas as inauguracións dos espazos de lecer para os pequenos en As Mirandas (parque de O Porto) e Chanteiro-Cervás (xunto ao local O Outeiro). Precisamente este acto, que tivo que ser suspendido o pasado sábado polo forte temporal, desenvolverase o vindeiro martes, día 3, ás 17.00 horas no parque infantil de O Porto –entre as rúas Consistorio e Cisne-.
En total, o investimento superou os 57.000 euros e a empresa Moncina foi a encargada de executar as dúas actuacións.
Ademais, na actualidade o grupo de goberno está estudando a creación dun novo parque infantil, neste caso para instalar en Redes, na parroquia de San Vicente de Caamouco. Deste xeito, todas as parroquias de Ares contarían con novas e modernas instalacións de lecer para os máis pequenos do municipio.




PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO E DOTACIÓN DE SERVIZOS DENDE A PRAZA DA IGREXA AO PARQUE INFANTIL DAS MIRANDAS

Precisamente o parque infantil de As Mirandas é un dos puntos de referencia do anteproxecto que xa está en mans do goberno local e que afecta ao acondicionamento e dotación de servizos dende a praza da Igrexa ata dito espazo infantil, unha actuación coa que o goberno local pretende mellorar e recuperar a zona máis antiga da vila de Ares. Desta iniciativa falou onte o alcalde, Julio Iglesias, co conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, no marco da visita que realizou este último a Ares, co obxectivo de que este departamento, como xa fixo coa pavimentación en catro rúas de Redes, poida realizar algún tipo de achega económica.
O obxectivo desta intervención pasa por substituir o pavimento actual de formigón na rúa Dolores, que está en mal estado, por outro de lousas de granito, repoñéndose ademais os servizos e canalizacións soterradas de abastecemento de auga, saneamento de fecais, recollida de pluviais, telefonía, alumeado e enerxía eléctrica.
O prazo de execución sería de tres meses e o orzamento ascendería a 149.922,49 euros.
Con esta intervención, o goberno socialista local quere iniciar a recuperación do casco antigo de Ares, seguindo para iso as mesmas directrices das obras feitas en Redes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares