Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Banco de Tempo de Ares busca clientes
26 Xaneiro 2009 09:29

 Ampliar foto
O Concello de Ares atópase inmerso na implantación do Banco do Tempo, unha iniciati-va para a que conta coa impli-cación económica da Conselle-ría de Traballo e que busca no intercambio de actividades a optimización de recursos, sem-pre de balde, entre os veciños da vila.


Ata o momento hai catro persoas apuntadas, todas elas mulleres. Segundo indica a res-ponsable do Banco do Tempo, Natalia Martínez Fernández, esta circunstancia é a habitual en iniciativas deste tipo, tanto neste municipio como no resto de Concellos nos que este servi-zo se está implantado. En canto ás idades, son do máis variado e oscilan, ata o de agora, entre os trinta e os sesenta anos.


¿E que piden e ofrecen os usuarios do Banco do Tempo de Ares? Pois, ata o momento, as acti-vidades que se solicitan ou se ofer-tan son do máis variado. Así, a oferta vai dende labores de acom-pañamento, lectura, calceta ou ganchillo ata crianza, informáti-ca, traballo en coiro ou repostería.




En canto á demanda, destacan a xardinería, o servizo de axuda para a realización de trámites ad-ministrativos, o perfeccionamen-to de cociña e calceta, clases de pandeireta, de galego, teatro ou adestramento de cans. E é que un-ha das principais premisas do Banco do Tempo é que non se tra-ta dun servizo de voluntariado, senón que un cidadán poderá ofrecer o seu tempo sempre e can-do estea disposto a recibir o tempo do outro a cambio.


Natalia Martínez Fernández asegura estar satisfeita do resultado acadado ata o momento nesta primeira fase de difusión do Ban-co, aínda que fai un chamamento á poboación para que se apunte e comparta, deste xeito, o seu tem-po cos demais no intercambio de actividades que, como subliña a responsable da iniciativa, non te-ñen que ser de tipo técnico ou cua-lificado.


Agasallo > O obxectivo de Martí-nez pasa por iniciar os intercam-bios no prazo de dous meses e, pa-ra iso, confía en poder incremen-tar o número de “clientes” ata, co-mo mínimo, dez persoas. Por este motivo xa iniciou contactos con asociacións do municipio, moitas delas de mulleres, para buscar no-vos socios.


Os que se inscriban recibirán de xeito instantáneo cinco horas, que se irán incrementando a me-dida que se vaian prestando os servizos ofertados e que xestiona-rá a encargada do Banco.


Cada vez que alguén utilice o tempo de outro, pagará cun talo-nario, de xeito que se vaian acu-mulando horas para o seu gasto polo “beneficiario” noutra activi-dade.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
25-01-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares