Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Costa Ártabra destina 1,5 millóns a cofinanciar trece proxectos comarcais
26 Xaneiro 2009 09:27
A Asociación Costa Ártabra rematou hai uns días o peche do programa de desenvolvemento rural Proder II e anunciou os proxectos certificados no último cuadrimestre do ano 2008 e que recibiron a subvención correspondente ao investimento executado ata decembro do pasado ano. Trátase dun conxunto de trece proxectos na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, que recibiron unha axuda total de 1.533.494 euros e que estaban presupostados -todos eles- en 2.687.461 euros.

No que respecta ao apartado de renovación, desenvolvemento e mellora dos núcleos de poboación rural e do contorno, dende Costa Ártabra subvencionouse o circuíto deportivo do entorno do encoro das Forcadas, en Valdoviño, promovido polo Concello, que recibiu 13.675 dos 21.038 euros nos que se valorou a iniciativa. Neste mesmo concello aportáronse 5.816 euros para a mellora do entorno do mercado municipal. En Mugardos, dende a Asociación Costa Ártabra, concedéronse 52.894 euros para a rehabilitación dos parques infantís de Peteiro, Campo dos Carneiros, Pedreira, Novás e San Xoán -cun investimento total de 105.789 euros- e outra partida de 5.302 euros -dos 10.605 que custa o proxecto- para o acondicionamento medioambiental da avenida Bello Piñeiro. As dúas actuacións están promovidas polo Concello mugardés. Pola súa banda, Ares recibiu unha axuda pública de 28.588 euros para a área de recreo e actividades culturais -cun custe total de 57.156 euros, e tras garantir o Concello economicamente que a obra estará rematada este ano- e 13.882 euros para o acondicionamento dun parque en Cervás-Chanteiro, presupostado en 27.764 euros.

Costa Ártabra concedeu tamén axudas destinadas ao fomento das pequenas empresas, actividades de artesanía e servizos. Neste ámbito cofinanciáronse dous proxectos do municipio de Narón. A ampliación do centro ocupacional de Chamorro recibiu unha axuda de 404.255 euros, dos 621.931 que custa a obra. Aínda que non finalizou a execución material total do edificio, o Centro Integrado de Atención ás Persoas Maiores disporá de 500.000 euros de subvención, para unha actuación de 944.364 euros.

Os consistorios de Neda e Mugardos recibiron partidas destinadas ao ámbito de valorización do patrimonio rural e local. No primeiro dos casos, Costa Ártabra aportou 17.844 dos 35.689 euros que custa a recuperación da zona fluvial do río Belelle e no segundo destinou 99.189 euros á rehabilitación do edificio municipal “As Lagoas”, cuxas obras suporán un investimento de 198.379 euros.

Unha parte das axudas da asociación concédense no marco da medida de fomento dos investimentos turísticos no medio rural. En Narón concedéronse so ao Club de Golf Campomar 174.329 euros para a casa club do campo de golf, na que se investirán 387.398 euros. Ao acondicionamento e sinalización do camiño a San Andrés de Teixido entre Ferrol, Narón, Valdoviño e Cedeira destináronse 201.728 euros, o 100% do investimento, ao tratarse dun proxecto promovido pola Asociación Costa Ártabra. Finamente, en Cedeira, o restaurante de produtos típicos Ponte Vella, promovido por un particular, recibiu unha axuda de 15.992 euros dos 63.968 nos que se presupostou a actuación.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
24-01-2009
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares