Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O goberno local presentou unha ordenanza sobre vandalismo
23 Octubre 2008 09:42
O goberno aresán presentou onte ao resto de formacións da corporación a nova ordenanza sobre vandalismo en espazos públicos do municipio. A norma deberá ser aprobada agora no transcurso dun pleno municipal por parte do resto dos grupos políticos.


Esta nova ordenanza é novedosa no termo municipal aresán e vén definir, por unha banda, as condutas antisociais que degradan o municipio e deterioran a súa calidade de vida, ao tempo que tipifica as infraccións neste eido, así como as sancións correspondentes.

Así mesmo, establécense como obxectivos prioritarios da ordenanza a prevención de actuacións que alteran a convivencia cidadá e a protección dos bens públicos de titularidade municipal e de todas as instalacións e elementos que forman parte do patrimonio urbanístico e arquitectónico do concello fronte as agresións, alteracións e usos ilícitos de que poideran ser obxecto; a tipificación das infraccións e sancións que poderían derivar das actuacións que por acción ou omisión impidan ou limiten a utilización de bens, espazos ou servizos públicos, así como que ocasionen danos sobre bens de dominio público, e a dinamización dos espazos públicos para o fomento de actividades culturais e sociais ligadas ao seu destino popular e ao interese xeral.

As medidas de protección reguladas pola ordenanza refírense a todos os bens de servizo ou uso público de titularidade municipal,entendendo como tal as rúas, prazas, paseos, pontes, estanques, farolas, sinais viarias ou elemetos decorativos, entre outros moitos.

En canto ás infraccións estas cualifícanse entre leves, graves ou moi graves, atendendo a unha serie de criterios. En canto ás multas contempladas por cada unha das agresións, éstas oscilarán entre os 60 euros das leves ata os 3.000 das mais graves.


Premios > Por outra banda, a ordenanza sobre vandalismo tamén contempla a posibilidade de que o Concello estableza e regule a concesión de subvencións para actuacións encamiñadas a potenciar a concienciación cidadá, a educación cívica e o fomento de actitudes respetuosas coa comunidade e o patrimonio. A administración local tamén poderá establecer premios e recoñecementos.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
23-10-2008

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares