Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Xábrega afonda na organización das Alianzas Aresás nunha conferencia
22 Febreiro 2008 09:32
O profesor Javier Vilasánchez Martínez fala este sábado, ás 19.30 horas, no edificio das Alianzas Aresás, da organizción desta institución educativa, fundada con aportacións dos emigrantes en América. Esta charla está organizada pola asociación cultural Xábrega.
As Alianzas Aresás creáronse en 1904 e foron as primeiras escolas de Galicia subvencionadas polos emigrantes de máis alá do Atlántico. Estes centros de ensino supuxeron unha revolución cultural na Galicia de comezos de século porque, ademais de seren gratuítas, introduciron plantexamentos pedagóxicos avanzados e deron a posibilidade ás clases máis baixas de formarse en disciplinas técnicas coa finalidade de axudar ó desenvolvemento agrícola e industrial.

Javier Vilasánchez afondará na súa intervención en como estaban organizadas as Alianzas Aresás, cal era o calendario do curso escolar e cales as actividades didácticas e complementarias á formación académica. Tamén falará de como se seleccionaba e formaba ó profesorado e cal era a composición e o perfil do alumnado. Tamén ilustrará ós asistentes sobre a arquitectura do edificio e o seu equipamento e os obxectivos desta escolas.

Vilasánchez é aresán e socio de Xábrega. Está licenciado en Filosofía e en Ciencias de Educación e na actualidade exerce como mestre no CEIP marquesa do Pazo da Mercé, nas Neves (Pontevedra).
NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
22-02-2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares