Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 14 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
A escola de música Xábrega ofrece tamén clases para os adultos
23 Setembro 2008 09:16
A escola de música Xábrega, en Ares, comeza o seu segundo ano de vida ampliando a súa oferta de actividades. Entre elas está a posibilidade de que os adultos poidan aprender a tocar un instrumento. Trátase do saxofón.

Pero ademais, tamén para os rapaces hai novidades. Ás clases que xa existían de clarinete, trompeta e percusión, únense as de frauta travesa e trombón. Continúa a materia de Linguaxe Musical, que xa se impartiu o ano pasado.

Os nenos máis novos, de entre catro e oito anos, poden asistir a unha formación específica de música e movemento, que comezará no mes de outubro.

As clases impártense os sábados pola mañá na casa parroquial de Ares. Os mestres son todos profesores titulados con experiencia. Para asistir hai que facerse socio da asociación Xábrega, o que implica o pago dunha cota anual de 36 euros. As leccións de música e movemento custan 15 euros ó mes e as de linguaxe musical e instrumento, 25.

Pódese obter máis información sobre a matrícula a través do correo info@xabrega.com ou no teléfono 616 388 471.


Historia > A escola de música Xábrega naceu en setembro do ano pasado e, despois dun curso académico, presentouse en sociedade cun concerto de fin de curso con grande éxito de público. A intención da asociación cultural aresá é a de crear a medio prazo unha banda de música para que a vila conte cunha agrupación musical propia que desenvolva unha programación estable de concertos. Outro dos obxectivos principais é o de fomentar entre os nenos e os adolescentes o interese e o coñecemento da música.

Pero non só a xuventude, senón tamén outros colectivos como pais, espectadores e veciños en xeral poden sumarse a unha proposta que quere facer de Ares unha localidade con moito ritmo.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
23-09-2008
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares