JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:
Infórmase a todos/as os usuarios/as do Servizo Municipal de Augas do Concello de Ares que o vindeiro mércores, 25 de maio, procederase á interrupción temporal do subministro de auga potable desde as 8:00 horas ata a finalización das obras, necesarias e invevitables para a reparación dunha averÃa na tubaxe que abastece a todo o casco urbAno de Ares, Besoxo e Pedrós
Debido á dificultade do acceso e a complexidade da reparación non é posible cuantificar o tempo da reparación, repoñendo o subministro tan pronto sexa posible e tendo en conta que nas horas seguintes á reposición do subministro o agua pode presentar algo de turbidez.
Rogamos desculpen as molestias debido a unha actuación inevitable que obriga a tomar as medidas necesarias para que a averÃa non vaia a mais e produza danos maiores.
O Alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo