AVISO: O subministro e servizo de auga no casco urbano de Ares funcionará con plena normalidade
O subministro e servizo de auga no casco urbano de Ares funcionará con plena normalidade, ao non verse finalmente afectado pola reparación da fuga na tubería xeral ao seu paso por Fene. Non se efectuará ningún corte de auga na xornada de hoxe, mércores 4 de maio, segundo informan dende a empresa encargada dos traballos.