Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 20 de Maio de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

II CONCURSO DE ESTRITURA CREATIVA DE MICRORRELATO

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2022

PROGRAMA sendARES 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases para a contratación laboral temporal dun Oficial de 1a de Maquinaría para o Servizo de Augas
07 Xaneiro 2022 08:00
1.- Obxecto da convocatoria:

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal dun Oficial 1a para o servizo de augas.

A urxente necesidade da contratación deriva da situación de modificación sustancial das condicións do traballador que ocupaba tamén de xeito temporal o posto de traballo que se pretende cubrir coneste proceso de selección. Existen necesidades urxentes e inaplazables, que fai necesaria a contratación de persoal para atender ás múltiples tarefas do departamento que requiren o uso da maquinaria específica propiedade do concello (pala, soldadura, mecánica, etc.), xa que o seu uso non pode estar desatendido tendo en conta as múltiples labores que se desenvolven con ela e segundo a memoria xustificativa da obra ou servicio.

2.- Período e modalidade de contratación:

Contratación laboral temporal, polo prazo de seis meses na modalidade de Acumulación de Tarefas regulada polo Real Decreto 2720/1998.

3.- Requisitos xenéricos dos aspirantes:

a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea.
b) Ter cumpridos os 16 anos de idade.
e) Non padecer enfermidade o u eiva fisica que impida o normal exercicio da función.
d) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado,
Comunidade Autónoma ou Administración Local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das función públicas.
t) Titulación: EXB-FP-1.
g) Carné de conducir B l.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión desolicitudes e conservarse polo menos ata a data de formalización do contrato.

4.- Sistema de provisión: Concurso-Oposición.

4.1- Fase de concurso:

A fase de concurso non será eliminatoria. As puntuacións obtidas en ámbalas fases sumaranse para a determinación dos aspirantes elixidos. As puntuacións de referencia refirense a servizos a tempo completo. Nos servizos a tempo parcial a puntuación será proporcional á xomada especificada.

• Servizos prestados en postos da n1esn1a natureza no Concello de Ares ou noutras administracións: 0,25 ptos. por mes de servizo, ata un máximo de 2,50 puntos.
• Carnet de conducir C: 0,5 puntos.
• Carnet de conducir Cl: 0,5puntos.
• Carnet de conducir Cl+E: 0,5 puntos.

4.2.- Fase de oposición:

1°) Proba práctica, eliminatoria, sobre tarefas propias do posto de traballo. Dita proba terá como obxecto a demostración polo aspirante das habilidades propias do perfil ao que se opta. Consistirá no desenvolvemento, durante o tempo previamente determinado pola Comisión cualificadora de tarefas relacionadas co programa que se reflicte. Valorarase o nivel de precisión na execución e o tempo empregado no desenvolvemento. A puntuación máxima da fase de oposición será de dez puntos sendo eliminados os aspirantes que non acaden un mínimo de cinco puntos.

A data, hora e o lugar de celebración da proba serán anunciados oportunamente na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios da Casa consistorial, non sendo convocados expresamente os aspirantes para a celebración da mesma.

PROGRAMA DESTA PROBA:

l. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.-
2.-Labores auxiliares de sinalización e balizamento das ocupacións da vía pública para á realización de obras e traballos. Características das sinalizacións
3.- Sinalizacións e balizamentos mínimos.
4 .-Pequenas reparacións da maquinaria utilizada.
5.- Labores auxiliares da preparación e limpeza de sumidoiros. 6.- Maquinaria e equipos técnicos.
7.- Traballos á intemperie.
8.- Averlas da rede de abastacemento de auga-saneamento.
9.- Instalación e reparación de equipos de n1edida e control de suministro de auga.


2°) Proba de coñecementos da lingua galega, consistente nunha traducción directa ou inversa.

Duración da mesma: 1O minutos. A cualificación da proba será de apto o u on apto,
sendo eliminados os aspirantes que non acaden a cualificación de apto. Estarán exentos da súa realización os aspirantes que aporten o título de galego Celga 3 ou equivalente.

5.- Retribución:

A establecida para a praza nos orzamentos municipais.

6.- Presentación de solicitudes:

Modelo xeral que se atopará na páxina web e no rexistro do concello. Na solicitude debe alegarse que se cumplen todos e cada un dos requisitos da base terceira. Achegaráse á mesma unha fotocopia do DNI, así como a documentación relativa ao apartado 6.2.

6.1.- Prazo: As instancias solicitando tomar parte na convocatoria presentaránse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio da convocatoria nun xomal de probada difusión. 6.2.- Documentación xustificativa dos méritos:

Debe achegarse a documentación dentro do prazo de presentación de instancias. Non se requerirá posteriormente nin se valorarán servizos non acreditados no dito prazo. Non se terá en conta ningún mérito diferente aos establecidos na convocatoria, polo que a documentación explicativa da vida laboral, únicamente versará sobre os perfis que se solicitan. A vida laboral, por sí mesma, non acredita a natureza dos servizos, polo que a Comisión Cualificadora non procederá á súa valoración se non se acompaña a seguinte documentación explicativa.

A dita documentación poderá consistir en:

- Vida laboral recente (cunha antiguedade non superior aos 12 meses) xunto con documentación na que se exprese a natureza dos servizos prestados (contrato de traballo, nóminas, certificado de empresa, etc) que se refrexan nesta.
- Contrato de traballo xunto con certificación da empresa /administración na que se especifique o prazo e a categoría laboral dos servizos.
- No caso de servizos prestados na Administración bastará certificado emitido polo
servizo competente, que expresará a natureza e duración dos servizos.

7.- Comisión cualificadora:

Estará formada na forma que específicamente se determine na respectiva resolución da alcaldía.

8.- Lista de espera :

O aspirante que acade a maior puntuación será proposto para a contratación pola Comisión Selecccionadora superado o proceso, a Comisión determine en función da puntuación obtida. Esta lista será tida en conta caso de que o aspirante proposto non chegue a asinar contrato ou cause baixa no transcurso do mesmo.

9.- Presentación da documentación.-

Unha vez notificado. o aspirante seleccionado deberá presenta-la documentación acreditativa do cumprimento das condicións esixidas na Base Terceira, no prazo de tres días.
Cumprido-los anteriores requisitos, pota Alcaldía procedérase á formalización do
correspondente contrato laboral de duración determinada.

Ares, 07 decembro de 2021

BASES en pdf
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares