O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DE ARES ” cun orzamento total subvencionable de 39.847,53 € cun porcentaxe de axuda dun 60 % executado na anualidade 2021 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
O proxecto se localiza na praia de O Xuncal, é unha praia de area branca en forma de cuncha duns 950m. de lonxitude emprazada no mesmo corazón do núcleo urbano da localidade ,moi frecuentada por veciños e visitantes de toda a comarca e polas persoas que enchen a ocupación ou visitan o noso paseo marítimo próximo a esta Praia.
Con esta actuación preténdese potenciar e favorecer de forma sostible os sectores mariño e marítimo no Concello de Ares. Poñendo en valor a importancia dos mares e océanos como motores da economía europea polo seu potencial para a innovación e o crecemento, mediante actuacións que favorecen a eliminación de barreiras nos contornos produtivos para facelos máis accesibles para as persoas con discapacidade á vez que se Fomenta a protección de valóralos naturais compatibles co desenvolvemento das actividades económicas, creando os factores para potenciar a pesca deportiva nesta contorna á vez que se ordena/Limita e mellora a accesibilidade e a seguridade dos accesos a estas zonas sensibles, tanto para os usuarios da praia por lecer así como para os mariscadores que explotan o banco marisqueiro limítrofe.
Neste senso, preténdese potenciar polo tanto este espazo marítimo ao carón da praia, mellorando a comodidade, accesibilidade e seguridade, para o uso e desfrute da poboación que se achega a este entorno de gran valor natural, con materiais respectuosos e harmoniosos co entorno.
A continuación mostránse unhas imaxes da propia publicidade do proxecto na páxina web municipal:
www.concellodeares.com
E para que así conste e surta os seus efectos oportunos, expídese o seguinte documento acreditativo publicidade da financiación da axuda recibida en Ares a, dezasete de decembro de dous mil vinte e un.
Asdo.: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares