Proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), promovido polo Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo
Dende o Proxecto Coruña Suma (AP-POEFE), promovido polo Concello da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, vanse impartir os seguintes cursos con certificado de profesionalidade:
- Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (N2)
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (N2)
As persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego e solicitalo chamando ao Centro Municipal de Emprego Rosales 981 184 399 ou mandando un correo electrónico a
coruna.suma@coruna.gal
As persoas participantes poden solicitar unha axuda económica por un importe de 13,45 euros brutos por día de asistencia presencial ao itinerario e sempre que se cumpran os seguintes requisitos establecidos polo proxecto:
- Que na data de inicio do itinerario a persoa perciba ingresos mensuais inferiores ao 75% do IPREM vixente.
- Que na data de inicio do itinerario a persoa non perciba ningún tipo de ingresos.