Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 18 de Maio de 2022
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2022
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN  DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)

II CONCURSO DE ESTRITURA CREATIVA DE MICRORRELATO

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA VERÁN 2022

PROGRAMA sendARES 2022

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ampliado ata o 17 de decembro o prazo de inscrición no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol dirixido a mulleres
07 Decembro 2021 12:00

 Ampliar foto
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol anunciou a ampliación do prazo de inscrición no Programa Integrado de Emprego (PIE) de Galicia. Un programa financiado pola administración autonómica e o Servicio Público de Emprego Estatal con 217.500 euros, sobre 250.000 euros do custo total. Poden anotarse mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de: Cedeira, Valdoviño, Narón, Fene, Neda, Cabanas, Ares ou Mugardos e que cumpran algún dos seguintes requisitos: certificado de discapacidade; risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia; vítimas de violencia de xénero; menores de 30 anos con baixa cualificación ou estar desempregadas (e inscritas como demandantes de emprego).

As accións formativas que se ofertan son: Preparación de venda de peixe; Limpeza –industrial, de pintadas...-; Cociña –básica e vexetariana-; Comercio –community manager, comercio electrónico, atención ao cliente...-; Atención a persoas dependentes –mobilización de enfermos, técnica neuromuscular, atención primaria a enfermos de alzheimer...- e Educación –acollida extraescolar e ludotecas, monitor de tempo libre, educación emocional...-. A maiores, haberá formación transversal sobre técnicas de busca de emprego, habelencias sociais (comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo), manipulador de alimentos e alfabetización informática (informática e internet).

O Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol 2021/2022 ten unha duración de doce meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes de xeito que melloren a súa empregabilidade e logren a inserción laboral. O persoal técnico tamén abordará a prospección laboral de xeito que en todo momento manterá contactos coas empresas da contorna para coñecer as necesidades do mercado, as posibles ofertas de emprego e poñelas en contacto coas usuarias do programa. O obxectivo mínimo de inserción laboral do Programa Integrado de Emprego deste ano é do 35%. Todas estas accións apoiaranse con medidas que permitan a participación das usuarias, de xeito que aquelas que teñan menores ou persoas con discapacidade ao seu cargo (e non dispoñan de recursos de apoio) poderán beneficiarse dun servizo de conciliación. Así mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 7 euros por día de asistencia ás accións do programa.

As mulleres interesadas en ampliar información ou inscribirse no programa poderán solicitalo do seguinte xeito:

Persoal técnico do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade. Tlf 697 874 155 / 670 304 224 / 981944000 ext. 378. piemancomunidade@ferrol.es
Ares. Área de Formación e Emprego Tlf.: 689 242 598
Cabanas. emprego@cabanas.gal / 670 304 224 / 697 874 155 / 981 944 000 ext. 378
Cedeira. Área de Formación e Emprego. Tlf. 981 480 000 (extensión 4)
Fene. orientacion.laboral@fene.gal. Area de Formación e Emprego “Pancho Allegue”. Teléfono 981 492 767
Mugardos. Área de Formación e Emprego.Tlf. 698 188 608
Narón. Centro de Formación Irmás Froilaz. Av. do Mar, 115, Polígono Industrial da Gándara. Tlf. 981 333 135 / 697 874 155 / 670 304 224. (O martes 7 as instalacións permanecerán pechadas)
Neda. Departamento municipal de Servizos Sociais. 981380039 extensión 2
Valdoviño. Departamento municipal de Servizos Sociais. Teléfono 981 48 70 41 (extensión 5).

Así mesmo tamén poden consultar toda a información na páxina web da Mancomunidade www.comarcaferrolterra.es, na que haberá unha folla de solicitude. Esta deberá ser cuberta e enviada ao correo electrónico piemancomunidade@ferrol.es ou deixala presencialmente nos departamentos indicados dos respectivos Concellos, así como no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz (Avenida do Mar, 115. A Gándara. Narón). As mulleres inscritas serán chamadas a unha entrevista de cara a facer a selección final de participantes no programa.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares