O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO ”
O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “ARES ULTRAMARINO ”cun orzamento total subvencionable de 40.595,50 € cun porcentaxe de axuda dun 80 % que farase en duas anualidades 2020 e 2021 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
O principal obxectivo do proxecto é poñer en valor o coñecemento do concello de Ares así como a grande actividade cultural e gastronómica que ten o concello entre os turistas e visitantes do noso concello.
A vida do mar e a nosa historia normalmente non é visualizada polos visitantes que chegan ao concello, polo que pretendemos realizar as accións indicadas, para valorizar a historia, a cultura e tradicións relacionadas coa nosa contorna, baseadas nos seus produtos, oficios, lugares de interese e sobre todo a importancia da historia e das historias de relación ultramarinas entre Ares e os países do outro lado do Atlántico.
O obxectivo das actuacións neste proxecto, pretende converter a Ares nunha referencia para coñecer a cultura de Ultramar ou Indiana.
A continuación mostránse unha das imaxenes da propia publicidade do proxecto correspondente coa anualidade 2020.
E para que asi conste e surta os seus efectos oportunos, expidese o seguinte documento acreditativo publicado na web municipal “
www.concellodeares.com”, en Ares a, vinte e oito de decembro de dous mil vinte.
Asdo.: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo
Alcalde-Presidente do Concello de Ares