Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA (incluídas as persoas autónomas societarias e colaboradores familiares) ou no Réxime de Traballadores do Mar como traballadores por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia e que teñan recoñecido, no momento de tramitar a solicitude da axuda, o cesamento ordinario ou extraordinario de actividade regulado no Real decreto lei 30/2020, do 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego (BOE núm. 259, do 30 de setembro).
Convocatoria aberta en concurrencia non competitiva
O prazo estará aberto ata o 18 de decembro de 2020
ORDE do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COVID-19 financiado con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR400A).
Páxina oficial da oficina do autónomo da Xunta de Galicia