Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 26 de Setembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
BANDO: Á vista da CRISE SANITARIA DO COVID-19, este Concello informa:
14 Marzo 2020 10:26

 Ampliar foto
JULIO IGNACIO IGLESIAS, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES FAGO SABER:

Á vista da CRISE SANITARIA DE COVID-19 e a adopción de medidas e recomendacións por parte das autoridades competentes destinadas a evitar a súa propagación polo territorio español, este Concello informa:

- Que a Comunidade de Madrid está solicitando aos seus residentes que permanezan nas súas casas e que se absteñan de viaxar a outras localidades para evitar un risco real de que o virus se propague.
- Ante o coñecemento de que os residentes en dita Comunidade e noutras diferentes á galega xa se desprazaron a Ares, lémbralle que en Ares tamén deben permanecer nas súas casas, evitando todo tipo de vida social , reducindo o contacto con outros veciños ao mínimo esencial e cumprindo en todo momento as medidas e recomendacións adoptadas polas autoridades competentes, do mesmo xeito que o resto de veciños de Ares.
- Que por responsabilidade debemos ser moi conscientes da existencia deste risco e por iso pedimos un comportamento exemplar e responsable, seguindo todas as instrucións de seguridade do Goberno de España e da Xunta de Galicia para tratar de deter a propagación do virus.
- Por todo isto, tamén pedimos a todos os veciños que ao realizar unha compra nalgún dos establecementos da vila que poidan permanecer abertos se traslade a eles unha persoa por familia, evitando que sexa unha persoa pertencente a un dos grupos de risco (nenos, anciáns ...), que manteñan en todo momento as recomendacións sanitarias (distancia de seguridade, cubrindo a boca co cóbado se tose ...) e intenten facer o pago con tarxeta e non en metálico na medida do posible.

Por todo o cal agradecemos a máxima colaboración e comprensión.

O alcalde,
Asinado Julio Ignacio Iglesisias Redondo
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares