Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Bases para contratación laboral temporal dun/a auxiliar administrativo a tempo completo para os servicios de lntervención -Tesourería
18 Novembro 2019 13:10
BASES AUXILIAR SERVIZOS ECONÓMICOS

OBXECTO.-É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral temporal dun/a auxiliar administrativo a tempo completo para os servicios de lntervención-Tesourería, baixo a modalidade contractual de obra ou servizo ó abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, que desenrola o artigo 15 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo prazo de tres anos, tendo por obxecto as tarefas que na memoria xustificativa se sinalan.

SEGUNDA.-Modalidade: Obra ou servizo polo prazo de tres anos para traballos de contabilización, rexistro de facturas e remisión de información ao MHAP (Contabilidade, Remisión sao MHAP: Evaluacións trimestrais execución Plan de Axuste, execucións trimestrais orzamentarias, liquidación orzamentaria, coste efectivo servizos, PMP, morosidade, etc. e colaboración na rendición da canta xeral e liquidación orzamentos.

TERCEIRA.-SISTEMA DE SELECCIÓN.-
Concurso-Oposición libre

CUARTA.-DURACION DO CONTRATO.-
A duración do contrato será de tres anos (3) contado a partir da sinatura do mesmo.
Correspóndelle a función propias de auxiliar administrativo.

QUINTA.- RETRIBUCIONS.-
A retribución será a prevista de Aux. Administrativo no vixente orzamento.

SEXTA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.-
Para tomar parte neste proceso selectivo os aspirantes deberán reunir os seguintes
requisitos referidos todos e cada un a data en que finalice o prazo de presentación de
solicitudes:

a) Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea nos termos do artigo
57 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 30 de otubro polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Ter cumpridos 16 años e non exceder daquela para a xubilación forzosa por idade
determinada pala lexislación básica en materia de función pública.
c) Estar en posesión do título de E.X.B ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data
en que remate o prazo de presentación de instancias, ou outros superiores.
f) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo para o que se opta.
g) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, ás Comunidades Autónomas, ou ás Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.
h) Carta acreditativa de ter ingresado na tesourería municipal do Concello de Ares a cantidade de 15,00€ en concepto de dereitos de exame.
Os candidatos deberán reuni-los requisitos expresados no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias.
Os aspirantes que superen as probas, están obrigados a prestala súa xornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeito requiridas polo interés do servicio, con horario de mañá, tarde ou noite, fraccionando a xornada se fose preciso.

SETIMA.-PRESENTACION DE INSTANCIAS
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán facerse mediante instancia dirixida ó Sr. Alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello en horas de oficina, no prazo de catro días naturais a partires da publicación do anuncio da convocatoria nun Xornal dos de maior tirada da comarca.

Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos no apartado SEXTA destas Bases, acompañando inescusablemente os seguintes documentos:

*Xustificante acreditativo de haber ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 15 euros en concepto de dereitos de exame. Dito importe poderá facerse efectivo directamente nas arcas municipais ou mediante xiro postal ou telegráfico, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ó proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo.

* Méritos que o aspirante aporte para ser valorados na fase de concurso.
* Fotocopia do D.N.I.

BASES en pdf
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares