Anuncio de convocatoria e publicación de bases especificas para a selección de persoal funcionario interino, Técnico/a de normalización lingüística, polo procedemento de concurso-oposición
Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Convocatoria para a selección de persoal funcionario interino. Técnico/a de normalización lingüística
Anuncio de convocatoria e publicación de bases especificas para a selección de persoal funcionario interino, Técnico/a de normalización lingüística, polo procedemento de concurso-oposición
Anuncio convocatoria e publicación de bases especificas para a selección de persoal funcionario interino, Técnico/a de normalización lingüística
O día 24/07/2019 a Presidencia desta Mancomunidade aprobou as seguintes bases específicas que rexerán a convocatoria para a provisión con carácter interino e polo procedemento de concurso-oposición dun Técnico/a de normalización lingüística.
A presentación de instancias farase no prazo de 8 días hábiles a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.
“Bases de selección para o nomeamento dun/dunha funcionario/a interino, Grupo A, Subgrupo A1, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica Superior, denominación Técnico/a de Normalización Lingüística
1. Obxecto da convocatoria.
A provisión interina, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, dunha (1) praza de Técnico/a de Norrmalización Lingüística integrada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos Superiores, pertencente ao grupo de clasificación A, subgrupo A1, consonte ao artigo 10.1 c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante TREBEP).
As retribucións serán as correspondentes ao grupo de clasificación de funcionarios A, subgrupo A1.
BASES en pdf