Admitid@S/excluid@s para a contratación, en réxime laboral temporal dun Auxiliar da Policia Local
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA nº 352/19
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18/07/2019, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DUN AUXILIAR DA POLICIA LOCAL.”
Visto o Informe elaborado polo Secretario do Concello de data 17/07/2019 sobre Aprobación bases auxiliar Policía Local (Convocatoria xullo 2019. Vacantes por renuncias).
Vista a comunicación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia sobre as Bases da convocatoria de proceso selectivo para persoal auxiliar de policía local de data 22/07/2019.
Publicado anuncio da Convocatoria no Diario de Ferrol en data 19/07/2019.
Esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Regulador das Bases do Réxime Local na redacción dada pola lei 57/2003, de 16 de decembro, o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia e o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de conformidade co disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, a Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 4/2007 de coordinación de Policías locáis de Galicia, Decreto 243/2008 de 16 de outubro, Orde de 28 de xaneiro de 2009, e demais disposicións de pertinente aplicación.
VEN EN RESOLVER:
Primeiro.- Aprobar conforme o establecido no punto 4.2 da Base 4ª, a listaxe definitiva de admitidos que é a que a continuación se transcribe:
Admitidos: D. Iván Martínez Dubra. / Excluidos: Ningún
Segundo.- Acordar ao abeiro da Base 4.2 o lugar, data e hora de celebración do primeiro exercicio, sendo este, “Pavillón Municipal do Concello de Ares" - Rúa Celso Emilio Ferreiro, 6, 15624 Ares, (A Coruña), o xoves 1 de agosto do 2019 ás 09:05h.
Significando que no caso de superar a primeira proba emprázase ao candidato para a realización da proba de coñecementos ás 11:00 h. do mesmo día 01/08/2019, no salón de sesión do Concello de Ares (Avda Saavedra Meneses nº 12, Ares)
Terceiro.- Designar a composición do órgano de selección, que estará integrada polos seguintes componentes, a proposta da Concelleira de Cultura e Emprego, segundo o exposto no punto 4.2 da Base 4a:
Presidente: Dna. María Montserrat Rodríguez Sánchez
Vocais: Dna. Mª Isabel Margharetto Rodríguez
D. Javier Nicolás Sánchez Romero
D. Ángel Antonio Rodríguez Calviño
Secretario: D. Manuel Larrosa Rodríguez
Suplente: Dna. Mª Concepción Drago Porta
Asesor: D. Jaime Alberto Domínguez Fernández
Suplente: Dna. Mª del Carmen González Tenreiro.
Cuarto.- Facultar ao órgano de selección para a realización das probas recollidas no punto 6.3 da Base 6ª ao admitido definitivo recollido no punto primeiro, no lugar data e horas, recollidas no punto segundo desta resolución.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde, en Ares, a 30 de xullo do 2019, do que eu Secretario dou fe.
O Alcalde
.D.S.M.
O Secretario
RESOLUCIÓN en pdf