Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 04 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Afombras florais nas nosas casa

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Concello aplica a ordenanza sobre tenencia de animais de compañía
06 Agosto 2008 09:14
O pleno do Concello de Ares aprobou inicialmente o pasado 26 de xuño a ordenanza reguladora da tenencia, defensa e custodia dos animais de compañía, un documento que se publicou integramente no Boletín Oficial da Provincia de onte e que entra en vigor hoxe mesmo, tal e como se indica no BOP.

A ordenanza trata de regular as interrelacións entre as persoas e animais domésticos, tendo en conta as molestias e perigos que estes últimos poidan ocasionar. Non están incluídos no documento ao rexirse pola súa propia normativa a caza -excepto cans destinados a esta actividade- pesca, protección e conservación da fauna silvestre no seu medio natural; os touros; a gandeiría entendida como cría de animais con fins de abasto; animais destinados ao traballo, proporcionar pel ou produtos útiles e o cans pertencentes á Armada ou corpos de seguridade do Estado.

A ordenanza contempla apartados específicos para animais potencialmente perigosos e para cans e gatos abandoados.

No artigo correspondente ás sancións especifícase que as leves serán de entre 30 e 300 euros; as graves, entre 301 e 3.000 e as moi graves serán de 3.001 a 15.000 euros. No primeiro dos casos contémplase o maltrato sen dor, a venda a persoas menores, e non facilitarlles alimento, entre outros; sería grave o maltrato con dor, a venda ambulante, non vacinalos ou abandoalos e, moi grave, maltratar causando a morte ou celebrar pelexas entre animais, entre outros.

Diario de Ferrol
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares