Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 19 de Xaneiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesXaneiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
O Jofre acolleu a presentación da película sobre Concepción Arenal
04 Octubre 2012 10:37
A presentación da película “A visitadora de cárceres” encheu onte o aforo do teatro Jofre con parte do equipo técnico e artístico desta longametraxe para televisión que recrea a loita da avogada e legalista ferrolá Concepción Arenal. A iniciativa contou coa presenza da produtora Zaza Ceballos e as actrices Isabel Naveira e a fenesa Paula Carballeira.
No acto, que contou coa presenza de diversas personalidades como o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, Ceballos leu un comunicado de Mabel Rivera que non puido asistir a este primeiro visionado da cinta. A popular actriz manifestou que “contar historias como a da nosa concidadá Concepción Arenal e as súas colaboradoras dá pleno sentido e dignifica o noso traballo como mulleres do audiovisual, e a súa emisión pola televisión autonómica é de auténtico interese público”. Así mesmo, Rivera tamén aproveitou para destacar o labor cultural que en Ferrol levan a cabo a Asociación de Amig@s do Teatro Jofre e o Ateneo Ferrolán.
En canto á película en si, durante hora e media os espectadores puideron ver o labor que Concepción Arenal, encarnada por Blanca Portillo, fixo a finais do século XIX na cárcere da Coruña para tratar de mellorar a vida das presas. A película, producida en coprodución con Distinto Films, foi rodada en diferentes lugares de Galicia e Barcelona, protagonizada por Blanca Portillo e dirixida por Laura Mañá. Trala súa presentación no teatro Jofre, a película será emitida polas cadeas coprodutoras, Televisión de Galicia, Televisió de Catalunya e Canal Sur, e posteriormente por Televisión Española. Filmax será quen se encargue da súa distribución internacional.
O traballo contou con 30 localizacións entre Galicia e Cataluña, destacando o mosteiro de Santa Catalina en Ares, onde se recreou o cárcere de mulleres, e o Castelo de San Felipe de Ferrol. A praia de Doniños, as Fragas do Eume, a aldea de Xavariz, o Alto da Panda, nas Pontes, ou a igrexa románica de Lubre, en Ares, son tamén lugares próximos onde se localiza a gravación da película.

voz e rostro do seu tempo
Durante a mañá de onte, o IES Concepción Arenal acolleu un acto ante os estudantes. Alí a produtora de Zenit, Zaza Ceballos, destacou que “A visitadora de cárceres” era “unha película que quere chegar á maior cantidade de xente posible. Nestes últimos catro anos a nosa produtora implicouse en recuperar biografías de mulleres do século XIX, que foi un tempo feminino, singular e galego. Pardo Bazán, Concepción Arenal e Rosalía de Castro, que é a biografía que nos falta por gravar, son a voz e o rostro das mulleres do seu tempo”.
A produtora ferrolá leu un comunicado da directora da película, Laura Mañá, que non puido estar en Ferrol, que destacou a necesidade de divulgar o exemplo dado por Concepción Arenal, “unha loita pola xustiza de gran actualidade e modernidade”. As actrices Isabel Naveira e Paula Carballeira, que interpretan a dúas presas de distinta sorte, falaron ante os alumnos dos seus personaxes e destacaron “o frío que facía en San Felipe” e o feito de que “traballar con mulleres e sobre mulleres é tan pouco habitual como enriquecedor”.
Boa parte do proxecto sobre Concepción Arenal ten como responsable á TVG. Así, a súa directora, Rosa Vilas, comentou onte en Ferrol que: “A Televisión de Galicia non podía quedar fóra dunha iniciativa así para dar a coñecer o labor desta gran muller. O traballo da TVG é o de ser altofalante de personaxes do país como ela e de apoiar ao audiovisual galego, que, un dos mellores de España” asegurou.

NOTICIA DE DIARIO DE FERROL
04-10-2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares