Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Avisos
Ares prepárase para celebrar o popular San Roque da vila
02 Agosto 2012 09:46
Un ano máis, Ares prepárase para a popular festa de homenaxe a San Roque, de gran tradición na vila mariñeira. Será desde o venres ata o domingo cunha variada proposta lúdica e festiva. Así, a actividade comeza mañá cunha xornada onde os máis novos serán protagonistas. Ás 18.00 horas celébranse xogos populares no Parque Rosalía de Castro. A continuación haberá unha festa da escuma. Ás 19.30 horas comeza a XXVII edición da Festa do Langostino amenizada pola charanga O Santiaguiño de Padrón. O sábado a cita aresá ábrese a partir das10.00 horas coas tradicionais dianas e alboradas, nesta ocasióna a cargo do grupo de gaitas Trébole, de Ares-San Xoán.
Ás 11.00 horas celébrase a XXI Milla Urbana con saída da da praza da Igrexa. Ás 19.30 horas a charanga coruñesa Vai de Baile percorrerá as rúas da vila mariñeira. Finalmente, a partir das 23.00 horas haberá unha verbena popular na praza da Igrexa a cargo da orquestra Tango.

día grande
As actividades do San Roque culminan o domingo. Tralos disparos de bombas de palenque anunciando a festividade do día a partir das 10.00, ás 12.00 horas celébrase unha misa solemne en honra a San Roque cantada polo coro parroquial. A continuación levarase a cabo a procesión coa figura do santo acompañada polo Grupo de Gaitas Aresán. Posteriormente terá lugar unha exhibición de baile galego co grupo Areas do Mar de Ares. Finalizado o mesmo organízase o tradicional reparto das populares bolsas de uvas.
Ás 20.00 horas haberá a actuación da rondalla Trovadores de Ares fronte ao céntrico bar Avenida. Ás 22.30 horas na praza da Igrexa celébrase unha verbena a cargo de la Orquesta Canela.
Finalmente, o San Roque aresán despídese cun espectáculo de pirotécnica de Hermanos López, de Oza de los Ríos .

DIARIO DE FERROL, 2 DE AGOSTO DE 2012
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares